13Set
2015
1

Benvidos!

Estimadas familias, alumnas e alumnos de 1º B:

Dende o 10 de setembro os nosos camiños uníronse. Pero xa dende hai moito tempo levo cavilando na necesidade de abrir unha ventá na nosa aula, de non estar nunca sós e sobre todo non gardar todo o que facemos para nós.

Hoxe está ventá ábrese para dicir aos catro ventos que somos dezaseis! Dezaseis persoas con ganas de aprender uns dos outros e, connosco, quince pares de familias cos seus respectivos avós, irmáns… que tamén axudarán neste proceso.

É moi importante que andemos xuntos, que sexamos un só en moitas ocasións, para dirixir todos para un lado e que os nosos pequenos e pequenas vagalumes anden por onde é seguro.

Para iso abriremos as ventás o máis que poidamos e así poderedes entrar sempre que queirades, a través do noso blog e en moitas actividades ás que seredes convidados.
Tamén é certo que dende hai uns días na aula entraron quince formas de ver a vida, normas, valores, regras… máis a miña propia. Pero teremos que aprender a convivir todos xuntos e sempre con respecto.

Por iso vos pido que teñades confianza no meu traballo, na miña labor como titora. Isto é primordial, sen a vosa confianza e a consideración do meu traballo non terei ningunha autoridade ante o voso fillo ou filla. Familias e mestres debemos manternos xuntos, para poder educar. É unha responsabilidade común, cada un dende o lugar que lle corresponde.

Como titora, espero contar co voso apoio ao longo dos dous cursos que nos quedan por diante, pois seguro terá un gran beneficio no proceso educativo e no desenvolvemento persoal da vosa filla/o.

Recibide un afectuoso saúdo.

Titora de 1ºB. Dulce.

Comentario (1)

  • Carmen Gundín Lago

    Hola!
    Este blog parécenos unha idea xenial.
    Moitas grazas profe.

    responder

Responder