23Mai
2019

DEBATE RADIOFÓNICO LAVADO NA FONTE OU NA LAVADORA?

DENTRO DO PROXECTO INTERCENTROS SOBRE O PATRIMONIO INMATERIAL, OS VAGALUMES DE 3º A, REALIZAN UN DEBATE RADIOFÓNICO SOBRE QUE SERÁ MELLOR… LAVAR NA FONTE OU NA LAVADORA? PROS, CONTRAS… CONVIDAN A UN PAI E A UNHA AVOA, CADA UN CUN PUNTO DE VISTA DIFERENTE. GRACIAS ANDY E JOSEFA POLAS VOSAS APORTACIÓNS!  

23Mai
2019

PODCAST CASTRO SARRIDAL NA ONDA DISCALZA!

Parabéns á emisora de radio “A Onda Discalza”, da Biblioteca Escolar Punta Candieira, polo premio no I Concurso de Podcasts do programa Radio na biblio que convocou a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. Este podcast forma parte dun traballo por proxectos intercentros sobre o Patrimonio Inmaterial no que participan os Vagalumes de 3º A

04Mai
2019

CASTRO SARRIDAL – PROXECTO PATRIMONIO INMATERIAL

Os Vagalumes e o alumnado de 1º de Bacherelato de Antropoloxía continuamos co proxecto sobre o Patrimonio Inmaterial. Nesta ocasión, as rapazas e rapaces de 6º C, inician aventura e participan no proxecto. Como todo en Galicia, comeza falando de comida, así que a gran pregunta era…É que comían os castrexos? Despois de moito investigar,

16Abr
2019

PROXECTO CORRESPONDENCIA 2º TRIMESTRE

Escribimos borradores e pasamos a limpo a segunda carta aos nosos amigos e amigas de Viveiro, nesta ocasión mandamos as direccións das nosas casas, así que a próxima carta xa sabemos a onde chegará! Queda pendente o Skype para despois das vacacións. CLICA NA LIGAZÓN: https://photos.app.goo.gl/tJiRFDqB1qtYRZiUA

16Abr
2019

ANIMAIS!

CREAMOS UN LIBRO, BASEÁNDONOS NOUTRO… EN BREVES NAS VOSAS CASAS… DEBAIXO DA TERRA! CLICA NA LIGAZÓN: https://photos.app.goo.gl/nqgFoantHP5zGogv6

16Abr
2019

LECTURA ZEN

CREAMOS MÁNDALAS CON FOLLAS E FLORES. CLASIFICAMOS, PINTAMOS, ESCOLLEMOS LIBROS E LEMOS… PERO A POESÍA É MAXIA E APARECE ENTRE AROMAS DE PÉTALOS PARA MANDAR MENSAXES.

16Abr
2019

ABN RESTA CON DECIMAIS

CLICA PARA VER A EXPLICACIÓN DA RESTA: https://www.actiludis.com/2010/08/31/como-ejecutar-el-algoritmo-abn-de-la-resta-detraccion/

16Abr
2019

ABN SUMA CON DECIMAIS

CLICA PARA VER A EXPLICACIÓN: https://www.actiludis.com/2010/05/25/como-ejecutar-el-algoritmo-abn-de-la-suma/

14Mar
2019

LAVANDEIRAS! PROCESO DE LAVADO. PATRIMONIO INMATERIAL.

CONTINUANDO CO PROXECTO INTERCENTROS, OS VAGALUMES DE 3º A, VISITAN AO ALUMNADO DE ANTROPOLOXÍA DE 1º DE BACHERELATO E, TODOS XUNTOS, FANLLE UNHA ENQUISA ÁS AVOAS. ASÍ OBTEÑEN A DOCUMENTACIÓN ORAL. EN BREVES PODEREDES ESCOITAR O PROGRAMA DE RADIO CON TODA A INFORMACIÓN! ISTO TAN SÓ É UN PEQUENO ADIANTO. Moitas gracias ás familias e

05Mar
2019

O PROCESO DE LAVADO NAS FONTES.

Comezamos a nosa primeira fase de documentación no proxecto de PATRIMONIO INMATERIAL. O facemos co lavado a man nas fontes, no que as familias aportarán documentación oral e material. PUBLICACIÓN DA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA.

05Mar
2019

ANTROIDO

Este foi un entroido de moito traballo, pero entre todos (nenos/as, familias e mestres) fixemos algo moi bonito. Aquí tedes unhas imaxes do noso traballo plástico e de documentación, que se resume nun libro elaborado e compartido polo CRA de Bergondo ao que engadimos o noso entroido cedeirés: AS MASCARITAS! CLICA E VERÁS AS FOTOGRAFÍAS!

05Mar
2019

GRUPOS INTERACTIVOS COAS FAMILIAS!

Continuamos realizando grupos interactivos coas familias. É unha das actividades máis desexadas da semana, todos saímos gañando, reforzamos contidos e emocións. Creamos lazos, aprendemos a respectar opinións e ver que nin na escola nin na vida hai unha soa forma de realizar as cousas. Agradecer a todas as familias por valorar e compartir con nós

05Mar
2019

ENTREVISTA A CARLOS LABRAÑA

A radio e o teatro son dúas actividades que melloran a nosa expresión oral e tamén a escrita. Este foi o noso primeiro programa. Unha enquisa a Carlos Labraña! Un traballo entre o alumnado de 6ºA e os Vagalumes. Parabéns chicas e chicos!! CLICA NA LIGAZÓN. Agora estamos coa montaxe do noso seguinte programa. Desta

05Mar
2019

COLOREO CEDEIRA

Dentro do noso proxecto sobre o Patrimonio Inmaterial, un dos traballos que máis nos está custando é diferenciar o patrimonio material do inmaterial. Para conseguilo estamos valorando os nosos recunchos máis fermosos, eses que podemos ver e tocar e son patrimonio material. Valéndonos dos debuxos de Adrián Taracido Fernández, estamos dándolles cor con acuarelas. CLICA

05Mar
2019

EL LIBRO DE LA SELVA

Continuamos coas tertulias dialóxicas! Comezamos o trimestre cunha noticia que trouxo Miguel e que creou moita espectación. Temos en Galicia un señor criado con lobos e todos queremos coñecelo, veremos se é posible… Pouco a pouco o alumnado que ten máis vergoña vaise soltando e aportando a súa opinión, debatemos as diversas formas de ver

05Mar
2019

PAZ

É unha palabra moi curta, pero inmensa. É unha palabra guía,  hai que sementala, regala e deixala medrar. É garantía dun mundo xusto. Nós quixemos colaborar, aínda que isto non é traballo dun día, senón diario. Aquí podedes ver algunhas das actividades nas que participamos e, en breves, veredes un programa de radio que fixemos

04Xan
2019

FESTA 1º TRIMESTRE DOS TERCEIROS

Agora xa só pensamos nas vacacións de inverno e estar en familia! Para despedirnos organizamos unha festa! Darlle as gracias á Anpa Picapeixe , mestres/as e a todas as familias que ese día fixéronnos máis felices. Aquí tedes unha mostra: https://photos.app.goo.gl/4qUzktAY66ARDo219

04Xan
2019

PERCEBÍN E OS SEUS PODERES ORTOGRÁFICOS!

Percebín deunos unha sorpresa! Mandounos unha carta, un corrector ortográfico e o mellor un pequeno boneco igualiño ca el súper poderoso! O truco manternos atentos e preto del sempre que fagamos unha tarefa escrita. Aquí podedes ver a carta que nos mandou: carta Percebín ortografía Nesta ligazón as nosas reacións: https://photos.app.goo.gl/ATqGNyWAgkZu24ii7

04Xan
2019

TERTULIAS DIALÓXICAS

A Tertulia Literaria Dialóxica é unha medida de éxito que, mediante o diálogo igualitario, permite aos participantes o intercambio de ideas, o gusto pola lectura, a expresión de sentimentos e o fomento do espíritu crítico, ademáis favorece o incremento do nivel de competencia lingüística, acelera o aprendizaxe instrumental e mellora a convivencia ao promover transformacións

04Xan
2019

PROXECTO CORRESPONDENCIA!

Este ano manteremos un proxecto de correspondencia cunha aula de 3º dun cole de Viveiro, son dezaoito e a profe, igual ca nós! Así que durante o curso realizaremos diferentes tipos de contactos. Neste primeiro trimestre traballamos “A Carta”, despois de saber quen era a nosa amiga ou amigo, realizamos borradores e as correcións necesarias

04Xan
2019

ANIVERSARIOS DECEMBRO

Parabéns chicas e chicos! Que grandes estades! Gracias por brindarme o pracer de ver medrar a semente, quizais vos non entendedes isto agora, pero quero dicir que hoxe son capaz de ver esas cousas que vos fun contando aqueles primeiros días nos que vos coñecín e observo que as recordades, as aplicades e que aínda

04Xan
2019

ESTAMOS DE FESTA! RESULTAMOS GAÑADORES NOS TRABALLOS POR PROXECTOS!

Así é! Dende a biblioteca presentamos dous proxectos: “De festa pola Vila” organizado entre o alumnado de Antropoloxía de Rosana, no Ies, e a nosa aula; e “Crónicas” Atalaia do Museo Mares de Cedeira, no que entre outras cousas fixémoslle unha enquisa moi interesante á bisavoa de Unai. Hoxe deciden recoñecer a nosa labor. Estamos

04Xan
2019

FACEMOS CARTEIS! NO COLE TEMOS A RADIO EXPERIMENTAL!

Pois así é! Este ano o cole inicia un proxecto de radio, que seguro abrirá moitas oportunidades de aprendizaxe. Un grupo de 6º gravou un programa e nós os agasallamos cos nosos carteis para darlle difusión ao evento. Aquí tedes unha pequena mostra da nosa obra: https://photos.app.goo.gl/u3bW73xaKkg1Hp9u6 Clica para escoitar o programa de sexto: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnicolasrio/node/898

04Xan
2019

GRUPOS INTERACTIVOS

Agradecer unha vez máis ás familias o seu tempo. Gracias por facernos medrar e aprender con ledicia! Podedes ver máis fotos clicando na ligazón: https://photos.app.goo.gl/W5pshzDQfCNuxT3MA  

04Nov
2018

ORGANIZANDO O ESTUDO

Este curso trae consigo varios cambios e novas responsabilidades para as nenas e os nenos. Para afacernos mandei unha carta e algunhas recomendacións. Aquí a comparto por se alguén máis a desexa ler, son consellos que valen en xeral, para calquera neno ou nena. Ademais comparto con vós un blogue que pode axudarvos a resolver

04Nov
2018

MONSTRUOS COME LIBROS!!

XA TEMOS PREPARADOS OS MONSTRUOS!! ESTES RAPACES E RAPAZAS SON BOS LECTORES, DUBIDO QUE PASEN FAME DE BOAS HISTORIAS! A POR TODAS CHIC@S!!  

04Nov
2018

SAMAÍN

Este ano celebramos o Samaín con diversas actividades na aula e fóra dela. Comezamos buscando a musicalidade nas poesías de Patricia Sánchez, continuamos decorando a nosa entrada con decoracións da casa e  da escola, fixemos unha casa do terror, coloreamos cabazas e usamos a aplicación quivervision dos ipads para ver como se movían, tallamos caveiras

20Out
2018

RECUNCHOS DOS XOVES

Os xoves facemos cinco recunchos polos que vamos pasando, as veces, tardamos algo máis e non podemos pasar polas cinco actividades e continuamos nesa o vindeiro xoves. É moi dinámico e divertido, reforzamos coñecementos traballados dun xeito lúdico e incorporamos o uso das TICs. Podedes ver máis fotos premendo na ligazón: https://photos.app.goo.gl/PchpvNMMZNp3EHFXA  

20Out
2018

PARABÉNS!! MARIO, AKRAM E CARLOS!!

Como medran os meus Vagalumes!! Disque son maiores, certo, pero chicos hai que coller o lote enteiro: beneficios e responsabilidades! Felicidades rapaces!! Podedes ver máis fotos na ligazón: https://photos.app.goo.gl/8Huf3kUXbxaFbqPD6

12Set
2018

BENVIDAS E BENVIDOS A 3º A!!

Volvemos co teatro!! Unha mostra para recordar… “Restaurante Farruco”! Clica nos links para ver as fotografías!! https://drive.google.com/open?id=106W9I19CvS2L9toi9vBtMeY3ZdH2A_8o https://drive.google.com/open?id=1cCYUIcly13e3uSOxZuvDWDNN3ZtqfwzG      

10Xul
2018

ENTREVISTA NAUFRAXIOS – VAGALUMES

Entre a Biblioteca “Carlos Labraña” e a asociación Mares de Cedeira Museo promóvese un proxecto sobre tres grandes naufraxios da nosa vila. Documentados por Manuela, coñecemos unha das traxedias da nosa vila.

03Xul
2018

SAN XOSÉ “De festas pola vila!”

Protexemos a natureza da man da Asociación Arce: saída didáctica á praia da Magdalena para identificar bivalvos, xogo de pistas no paseo de Ribeira, charlas sobre a reciclaxe, obradoiro de recollida na praia e creación do equipo 3R, exposición de cetrería… Gracias Arce!!

10Xuñ
2018

AS PORTAS DA VILA

Durante os dous primeiros cursos dos meus anteriores Vagalumes, realizamos o proxecto “As portas da vila” no que nos documentamos, demos visibilidade á situación real de esas portas, creamos un tríptico e vídeos con QRs. O proxecto hoxe continua da man do alumnado da Biblioteca do Ies Punta Candieira coa traducción a diferentes idiomas do

10Xuñ
2018

MAIOS E CANDELORIA – “De festas pola vila”

A Biblioteca do IES Punta Candieira fixo unha fermosa publicación do festival Lova no que fomos convidados a participar. Agradecemos o traballo realizado por Montouto SoundMachine , Rosana Freire Calviño  e o de tódolos protagonistas, estes rapaces e rapazas grandes e pequenos que moven as nosas Bibliotecas Escolares!! Biblioteca Escolar Punta Candieira Clica na ligazon,

02Xuñ
2018

Interactivos de xogos.

Rematamos os grupos interactivos e non podiamos adicar este día a nada mellor que xogar! É tal o cúmulo de aspectos que nestes meses tocamos, a manchea de sentimentos, lazos, … que se crearon, que superaron todas as nosas expectativas. Dende logo unha experiencia inesquecible e moi recomendable. Gracias a todos por un ano cheo

02Xuñ
2018

CANTOS DE REIS – “De festas pola vila!” – Xaneiro

En Cedeira, “Unha vila na que a cultura ten á música como compoñente indispensable de toda celebración” (Don Rafael Usero), temos a fortuna de manter vivo este fermoso costume de cantar aos Reis. Coa intención de estimular a nosa fala, manter vivas as nosas tradicións e xa que a mellor maneira de facer isto último

06Mai
2018

ABN – AMIGOS DO 1.000

Unha das partes máis importantes do ensino e saber o proceso que usan os teus alumnos/as para chegar a un resultado.  Aquí Carlos, ensínanos a súa estratexia para buscar o amigo do 1.000. Como podemos observar non dubida e ten claro o que quere facer e como chegar ata alí. Noraboa Carlos!!

06Mai
2018

RAMOS – Marzo – “De festas pola vila”

No inicio do ciclo do maio a tradición na nosa vila pasa pola elaboración dos ramos. Engaiolados coas fitas de seda, vivenciamos a festa. Unha vez máis, agradecer a documentación a Rafael López Loureiro.

26Abr
2018

“De festas pola Vila!” Candeloria – Febreiro

Un mes máis, unha festividade nova, A Candeloria, tempo de apegotas. Un novo e fermoso traballo, realizado polas nenas e nenos de 2º A, coa colaboración do alumnado de antropoloxía do IES Punta Candieira. Agradecer a  documentación por parte de Rafael López Loureiro, o bo facer de Rosana, a creatividade de Montouto SoundMachine,  a constante

01Abr
2018

O CORPO HUMANO – PROXECTO

Rematamos o noso proxecto sobre o Corpo Humano e para que vexades algo do que fixemos montamos este vídeo. Foi unha investigación moi bonita e motivadora. Documentámonos con libros da Biblioteca Carlos Labraña e outros que trouxemos da casa, recollemos e filtramos a información, convertémonos en médicos/as e pacientes, tomamos datos, deseñamos unha consulta médica,

27Mar
2018

DE FESTAS POLA VILA!!

O noso proxecto de curso continúa. Xa levamos varias festas gozadas: Setembro con San Andrés, Outubro co  Magosto, Novembro co Samaín (celebración compartida co alumnado de antropoloxía do I.E.S. Punta Candieira), Decembro coas Panxoliñas, Xaneiro cos Cantos de Reis (xunto aos nosos avós e avoas), Febreiro coa Candeloria (novamente co alumnado de antropoloxía) e Marzo

18Mar
2018

ANIVERSARIO TANIA E HUGO!!

Parabéns chicos!! Este foi un día moi especial, ven cheiño de cousas boas, pero non esquezades que tamén trae novas encargas… As responsabilidades, a esas tamén hai que facerlles fronte e atendelas. Pero estades ben preparados e cos brazos abertos para asumilas. Aquí tedes un pequeno vídeo para recordar o ben que o pasamos e

24Feb
2018

VENRES DE RECUNCHOS!

Primeiro tiveron que dividir, somos 19 cantos podemos ir para cada grupo, se facemos tres? Primeiro houbo algún erro, pero axiña chegaron ao resultado correcto: 6, 6 e 7. Así que mans á obra, colocamos os recunchos e nas tres sesións que dispoñíamos (unha case foi entre deliberacións, cálculos e colocación, pero isto é descorrer,

14Feb
2018

Interactivos de xogos Xaneiro

Os interactivos continúan funcionando moi ben, gracias á colaboración de tódolos voluntarios e voluntarias e ao bo facer das nenas e nenos. Como cada fin de mes, coincidindo co día da paz, celebramos o interactivo de xogos. Un tempo de gozar, pero tamén de chegar a acordos e aprender a respectar as reglas dos xogos.

14Feb
2018

ANIVERSARIO MIGUEL

Parabéns!! Xa tes un ano máis!! Ogallá sempre conserves esa mestura de inocencia e simpatía coa que nos invades a todos e todas. Felicidades campeón! Agradecer aos magos: Noa e Unai a amenización da celebración. Podedes ver as fotos do homenaxeado e o ben que o pasamos, clicando na ligazón: Aniversario Miguel

12Feb
2018

Entroido – Indios

Temos poucas fotos e non demostran o intenso traballo que este proxecto deu. Investigamos coa axuda dunha amiga da profe, Nives Villar, á que todos estamos enormemente agradecidos. A súa información foi clave para entender a forma de vida actual dos indios e como foron evolucionando co paso dos anos. A súa estadía, durante tres

03Xan
2018

CANTOS DE REIS

Enmarcado no noso proxecto “De festas pola vila” chega Xaneiro da man dos Reis Magos e a eles adicámoslles este cantar. “ÍMONOS XA PRA ALDEA PORQUE AQUÍ NON É BEN RUAR… … …” Recordade chicas/os repasalo. Luns ensaio e martes escena! Pero o máis importante, preparade todo o necesario na noite do día 5, auga

03Xan
2018

PATRULLA R – AS 3 R

A reciclaxe é algo no que todos estamos comprometidos, pero aínda é certo que temos moitos problemas para levalo a cabo, pois non recoñecemos as cores dos cubos, non temos claro que podemos introducir en cada un… Tamén realizamos moitas accións que destrúen o noso planeta pouco a pouco. Co propósito de mellorar e gracias

02Xan
2018

BO NADAL!

O último día foi un cúmulo de sentimentos, emocións, nervios… Decidín que levalos uns anos atrás sería unha boa reflexión, un encontro consigo mesmos, o paso do tempo, a amizade compartida… Así que esta manualidade, as conversas, as amigas e amigos que ese día percorreron a nosa aula, nenas e nenos que coma eles pasaron

02Xan
2018

TARTA QUECHO

Como desfrutamos na cociña, coido que moitos teñen alma de cociñeiro/a, gústalles e teñen moito xeito. Espero que algúns fixerades a receita na casa, pois seica que estaba boa… Aquí tedes unha fotos do proceso. TARTA QUECHO

02Xan
2018

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO

Somos unha morea!! Que ben o pasamos, gozamos dunha gran festa chea de xogos, conversas, baile… O mellor o xogo das abellas, fermoso!! Foi unha ledicia compartir con vos ano a ano a vosa historia, que aínda que pareza curta está cargada de maxia, vida, sensacións, sentimentos, cada unha diferente, como ten que ser! Diversas

02Xan
2018

SAÍDA AO MUSEO MARES DE CEDEIRA

Neste curso imos realizar varios roteiros, unha desas paradas obrigadas é o noso Museo Mares, non só porque aparece dentro do noso currículo para 2º de primaria (CSB4.5.1 – Explica que é un museo e cales son as súas funcións.) se non porque é unha referencia para o estudo do mar nunha vila mariñeira, como

02Xan
2018

SAÍDA AO CONCELLO DE CEDEIRA

Neste curso decidín facer unha serie de roteiros polo que o meu alumnado ten que pasar. Son sitios de gran valor na nosa vila e que coido de obrigado coñecemento. Estes roteiros sempre irán acompañados do trazado da ruta nun plano. Escollemos google maps, pois ten moitas posibilidades  é moi práctico para as nenas e

16Dec
2017

INTERACTIVOS DE XOGOS

Non son necesarias moitas palabras. Transmisión de valores, mediante o xogo, de xeración en xeración. Interactivos de xogos Clica na ligazón.

16Dec
2017

TELECOMUNICACIÓNS

Un grupo de alumnos/a a cargo do seu profe, Andy, ensináronnos dun xeito moi activo, como chega a televisión ás nosas casas. Aprendemos unha morea de cousas que non sabiamos e o mellor foi que o puxemos en práctica. Buscamos canles e xogamos para probar os novos coñecementos adquiridos. Este tipo de actividades internivelares, enriquecen

16Dec
2017

PROXECTO MARROCOS

Enmarcado dentro do proxecto: Culturas do mundo, proposto polo C.E.I.P. Nicolás del Río, iniciamos a nosa investigación.  Aprendemos a facer galletas de coco con dúas mamás coñecedoras da receita. Gracias a Hannane e Najia, esperámosvos no próximo encontro. Obradoiro de galletas  Clica na ligazón.

19Nov
2017

XUNTANZA 5 ANOS – 2ºA

Somos maiores, pero aínda gústanos xogar, por iso decidimos baixar ás aulas de cinco anos para ofrecerlles ás nenas e aos nenos a nosa axuda na lectoescritura e logo compartir con eles/as un bo rato de xogo simbólico. Que ben o pasamos!! Temos que agradecer a acollida de todos os nenos/as e das mestras (Raquel,

05Nov
2017

SAMAÍN

Dentro do noso proxecto “De festas pola vila” tocoulle ao Samaín ser o protagonista. Nunha xuntanza entre a Biblioteca Escolar Punta Candieira e a nosa xurdiu o comentario dos proxectos que teño pensado realizar este ano e o interese estendeuse. Aos poucos días xa había unha aula que quería participar no proxecto e de forma

04Nov
2017

MATEMÁTICAS ABN

En breves fará dez anos que Jaime Martínez Montero (mestre e inspector, hoxe xubilado) inventou un método para que a aprendizaxe das matemáticas fora máis sinxelo e chegara a todos sen frustración. A esencia do método reside en que cada alumn@ pode ir ao seu paso. Coido que isto é básico, o noso mundo é

04Nov
2017

GRUPOS INTERACTIVOS – COMUNIDADES DE APRENDIZAXE

Neste vídeo explicamos, a grandes rasgos como serán os interactivos na aula. Algúns xa tivestes a oportunidade de ser partícipes, outr@s o seredes en breve. O que está claro é que será unha experiencia moi gratificante para todos, non só mellorarán a nivel académico e diminuirán os conflitos na aula, senón que teceremos lazos de

20Out
2017

AS LINGUAS E MONTESSORI!

Esta é unha entrada para as familias. Para explicar un pouquiño mellor como traballamos as linguas. Supoño que moitos de vos, sabedes que aínda que estudei maxisterio por primaria, comecei a miña andadura na infantil. Alí tiven a sorte de caer con outros mestres que me empaparon do ensino por proxectos, de basear o ensino

07Out
2017

ANIVERSARIOS CARLOS, MARIO, SUHAYL E UNAI!!

Son os primeiros aniversarios que celebramos, detrás virán moitos máis! Parabéns, chicos!! Xa sabedes, sodes máis grandes, iso da máis liberdades, pero tamén esixe máis deberes e compromisos. Estou segura que seredes capaces de asumilos! Gracias por compartir este día con nós! Perdoade a calidade das fotos, pero a fotógrafa fai o que pode…

27Set
2017

BENVIDA AOS MEUS VAGALUMES DE 2º A!!

Agora si!! Xa podemos dar a benvida a estas 19 caras radiantes, con todos saniños e na aula.  Este primeiro mes adicámolo a coñecernos, consensuar as normas da nosa aula, e adentrarnos na nova organización e metodoloxía. Espero que cada día volvan con ese sorriso que garantizan as ganas de aprender xuntos. Pode que un

07Xul
2017

PASEO COAS FAMILIAS – PORTAS DA MURALLA

Non podiamos rematar o curso doutra maneira que non fora celebrando. Festexando o traballo das nenas e nenos durante estes dous cursos. Grazas ao seu esforzo, dedicación, emoción e ganas de levar adiante esta tarefa  deixaron pegada na nosa vila xa para sempre. Quixemos compartir esta aventura xuntos, familias e escola como debe ser. Moitas

25Xuñ
2017

ANIVERSARIOS FIN DE CURSO

Parabéns! Lucía Rodríguez, Carol, Nayla, Antonio e Lucía Pernas!! Xa sodes uns rapaciños cun ano máis, con máis privilexios, pero tamén novas responsabilidades. Xa sabedes que hai que collelo todo, o lote ben enteiro. Sei de sobras que podedes con iso e máis!

25Xuñ
2017

MAMASIÑA, QUE MEDO!

O teatro, un proxecto do que todos estamos orgullosos, un gran traballo das rapazas e rapaces. Traballamos tantas cousas: expresión oral, lectura, entonación, resolución de conflictos, vocabulario relativo ao teatro, escritura, sentimentos, emocións, poñerse no lugar do outro… Estes nenos creceron cada día coa obra, mergulláronse nela, a fixeron súa. Un día presentábanse ante tí

17Xuñ
2017

AS MURALLAS DE CEDEIRA!

Agora sí culminamos o noso proxecto co que desexabamos, deixar pegada. Constancia para toda Cedeira, para os de dentro e os de fóra, para todo o que desexe coñecer, indagar e animarse a profundizar, no noso, o noso pasado, o que sempre estivo alí. Recordade que isto comezou a finais do 2015 inicios do 2016,

09Xuñ
2017

AS PROFESIÓN DE ANTES E DE AGORA – DURAN, O PANADEIRO.

Quedábanos o colofón final para pechar o noso proxecto das profesións. Quixemos descobrer algunhas profesións do noso pobo, das que perduran e o farán por moito tempo seguro. Pero non só descobremos, tamén aprendemos a realizar unha enquisa, pensar que desexábamos saber de cada profesión, a filtrar todas as nosas ocorrencias e deixar as máis

29Abr
2017

PICASSO

Este trimestre continuaremos profundizando nas obras de Herve Tullet e investigaremos a Picasso. Xa sabemos algunhas cousas e fixemos algunhas creacións, como as máscaras cubistas da Feira dos Libros. Aquí tedes un vídeo e no apartado de recursos algúns xogos.

28Abr
2017

SAÍDA ESTUDO DAS PLANTAS

Grazas a boa vontade de Rafa, puidemos usar todos os nosos sentidos no coñecemento desas plantas, as que vemos día a día e descoñecemos totalmente. Convido ao que o desexe a profundizar en todo o seu saber que non é pouco, a través da súa páxina http://costaartabra.blogspot.com.es/  

28Abr
2017

AVANZAMOS “A CAPELADA É NOTICIA!”

Continuamos con numerosas actividades: Traballamos a noticia de Rafa e a crepis novoana, tamén a das rochas e minerais de Fran Canosa. En mates ABN, xa multiplicamos ata dende o 6 ata o 9 cos dedos, seguimos profundizando nos problemas, na súa comprensión, continuamos coas moedas e os billetes, iniciándonos no seu reparto, as súas

25Abr
2017

VISITA AO MUSEO MARES DE CEDEIRA

Encántanos!! O visitamos en dúas ocasións, unha organizada para todo o centro e outra, cando lle fixemos a enquisa a Eduardo do Mimo. Seguro que volveremos! Ten tantas cousas, que cada vez exploras, descobres, observas… algo novo, no que non reparaches ou quizais non estaba. Cada obxecto ten unha historia, non é calquera! Quen non

25Abr
2017

XOGOS DE MESA 2ºB – 3 ANOS

Como ben sabedes, os xogos de mesa son unha parte importante das nosas actividades na aula. Moitos deles axúdannos a traballar a atención, o conteo, aprendemos reglas, a esperar, a convivir, a conversar… e unha morea de beneficios máis. Así que propuxémoslles a unha das aulas de 3 anos inicialos neste xogos. Foi unha experiencia

24Abr
2017

APADRIÑAMENTO LECTOR 5ºB – 2ºB

O alumnado de quinto e segundo xuntámonos para coñecernos. A idea é aprender uns de outros, unhas veces os grandes ensinarán aos pequenos e outras ao revés. O máis importante é que vexan a lectura como algo ameno e divertido. Nesta primeira ocasión, comezamos coñecéndonos mediante un conto popular. Logo, tres alumnos de quinto contaron

23Abr
2017

ANIVERSARIO DE MARCOS!!

Felicidades!! Cada día sodes máis grandes, pero medrade a poucos, non teñades presa, gozade de cada intre e gardade recordos, eses durarán para toda a vida. Collede experiencia, vivencias de todo o que fagades, buscade a parte boa do que vos suceda e sede felices coma hoxe, sempre!! Felicidades rulo!!

22Abr
2017

VISITA AO CONCELLO

A comezos do 2º trimestre visitamos o Concello de Cedeira, para coñecer os traballos que alí se realizan, as funcións das conselleiros… Foi unha saída moi proveitosa, puidemos ver as placas que levarán as portas das murallas e aprendemos unha manchea de cousas. Grazas a todo o persoal do Concello polo bo trato e paciencia.

19Abr
2017

AS HORAS

http://cerezo.pntic.mec.es/maria8/bimates/medidas/horaslim/de5en5.html

19Abr
2017

SUBETIZACIÓN – GAÑO E GASTO

https://lookaside.fbsbx.com/file/Gano%20y%20me%20gasto.pdf?token=AWxq0z_q5m3S7uZo1-eGgDO857lJZpE9xE5RWUFP6ExhO2WkdL8v-nEMG1IINoYEpLEAbWJii5JonEodYbofH6xh0uAr8YtjwJ7po-YaBfkrixubcVpHRaxGmFMbudYJF7ybVv5N_R4hf7JkYrrDLgxw

19Abr
2017

REPARTIMOS EUROS (MOEDAS)

https://lookaside.fbsbx.com/file/Repartimos%20euros%20solo%20monedas.pdf?token=AWwBed-UJTHvVypJj0I92OlSv89-mDc2ll85d6CBYWn3lIjlF7mmtxJOycJGeSMQrnJ7wsF0WzQC6nXu-S3r2v1D1OTAeeXAq0OR2lLrW7LsfBYZyMqhtHS31-V0Xl2p1osWj-czDCYyMI8hmk1xHuk1

19Abr
2017

Canto diñeiro hai?

https://lookaside.fbsbx.com/file/_Cu%C3%A1nto%20dinero%20hay-.pdf?token=AWwmA1Vu_FrswCLi_hoBWAf1Al8s1m7R3rZm-niU9XJODYrHFbzq6JpG2oql7MLGC1eDBrrZAwtg7kHs7ECDyYw4KhyyrSKVweRgofIFgpgCzXL9_QJI-iK-bhqA3XbMavMzYGrhhvfSxzciaP72pBb0  

02Abr
2017
LIM AS PLANTAS

LIM AS PLANTAS

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1339156528/contido/as_plantas.html

02Abr
2017
AS PLANTAS

AS PLANTAS

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1285235432/contido/index.html

02Abr
2017

A CAPELADA É NOTICIA!

Este é o título do noso novo proxecto. Para profundizar no que falamos a semana pasada deixo aquí un vídeo. Podedes entrar no apartado de recurso a realizar diversas actividades sobre as plantas.

01Abr
2017

AS PROFESIÓNS DE ANTES E DA AGORA – MARISA A REDEIRA

A piques de rematar o noso proxecto. Nesta ocasión quixemos descobrer algunhas profesións do noso pobo, das que perduran e o farán por moito tempo seguro. Pero non só descobremos, tamén aprendemos a realizar unha enquisa, pensar que desexábamos saber de cada profesión, a filtrar todas as nosas ocorrencias e deixar as máis axeitadas, melloramos

13Mar
2017

AS PROFESIÓNS DE ANTES E DE AGORA – EDUARDO DO MIMO

Xa pasamos o ecuador do noso proxecto. Nesta ocasión quixemos descobrer algunhas profesións do noso pobo, das que perduran e o farán por moito tempo seguro. Pero non só descobremos, tamén aprendemos a realizar unha enquisa, pensar que desexábamos saber de cada profesión, a filtrar todas as nosas ocorrencias e deixar as máis axeitadas, melloramos

12Mar
2017

ENTROIDO!

Con motivo do proxecto das artes e dado que na aula traballamos a Herve Tullet, deseñamos un disfraz, de cociñeir@s pintores. Inspirados no seu libro “La cocina de dibujos” realizamos un traballo 100% feito por nós. Ollade as fotos!!

12Mar
2017

ANIVERSARIOS ALEX, FER E HUGO!

Felicidades chicos! Xa sabedes que cada un de vos é especial, cada un diferente único, coas vosas risas, apertas, palabras fermosas e non tanto… comezades unha etapa nova. Deixastes atrás esa docilidade e agora poñedes en cuestión todo o que dicimos os maiores, iso é parte do voso cambio, é o arte de medrar. Algo

10Mar
2017

Os traballos de agora e de antes.

Xa pasamos o ecuador do noso proxecto. Nesta ocasión quixemos descobrer algunhas profesións do noso pobo, das que perduran e o farán por moito tempo seguro. Pero non só descobremos, tamén aprendemos a realizar unha enquisa, pensar que desexábamos saber de cada profesión, a filtrar todas as nosas ocorrencias e deixar as máis axeitadas, melloramos

18Feb
2017

Sumas extendidas – Cálculo mental – 1°trimestre

É increible o que adiantan nos cálculos cando extendemos sumas, multiplicacións… Para eles é un xogo, pero que da unha axilidade que lles resultará moi beneficiosa no futuro. Neste trimestre xa están coas táboas extendidas.

18Feb
2017

COMPOSICIÓN NIVEL 2 – 1º TRIMESTRE

Complicamos a composición nas unidades. André,  só levaba dous meses e medio co método, o día da grabación. Viña do método tradicional, pero é o que ten entendelo…. O aprendes de camiño! Hoxe, a grande maioría controlan o nivel 3.

18Feb
2017

COMPOSICIÓN NIVEL 1 – 1º TRIMESTRE

Recuperando algún vídeo do trimestre anterior. Aquí temos a Lucía Pernas que primeiro representa o número con palillos e logo os pasa todos a unidades e realiza a suma con cálculo mental.

29Xan
2017

DESCOMPOÑENDO

Xa teñen certa destreza e seguridade, ven claramente a descomposición. Aínda así os palillos sempre están presentes e deben continuar con eles ata que non os necesiten. Nesta ocasión non fixemos o adosado. Podedes velos en acción en este video:

28Xan
2017

HERVE TULLET – PINTURA CON VOLUME

Seguimos co noso proxecto de arte. Nesta ocasión fixemos pintura con volume. INGREDIENTES: 1 vaso de espuma de afeitar. 1 vaso de pegamento estilo ALKIL 1 cullarada de maicena. un pouco de pintura acrílica da cor que desexes. O pasamos xenial!!

28Xan
2017

MULTIPLICAMOS EN REJILLA

Xa sabemos moitas táboas: a do 0, 1, 2, 3, 5, 10, 11 e 12. As continuamos repasando, pero necesitamos operar no papel. Así que comezamos coa multiplicación ABN na rejilla. As ventaxas do método son inmensas, como especifica Jaime Martínez Montero: O proceso é transparente e ao non existir o termo “lévome…” as operacións

28Xan
2017

RESTA EN ESCALERA ASCENDENTE. PROBLEMAS CON DINERO.

Este tipo de problemas, xa os levamos facendo moito tempo,  coas moedas na mesa, agora comezamos a pasalos ao papel e coller rapidez e destreza. Son situacións que podemos atoparnos en calquera momento na vida real.  Por exemplo: Na tenda de chuches gasto 37 céntimos, levo 1 €. Canto me devolven? Moitos xa queren lanzarse

02Xan
2017

ANIVERSARIOS: MARTÍN, CRIS, DAVID E ANDRÉ!!

Celebramos un súper aniversario!! Son tantos de final de ano e xuntáronse tantas cousas que tivemos que celebralo todos xuntos! Pero o pasamos bomba! Felicidades!! Comezades unha nova etapa, chea de ledicia, ilusión, novos descobrementos, máis responsabilidades, máis independencia e toma de decisións. Sodes únic@s e especiais! Xamáis o esquezades!  

02Xan
2017

MEDIMOS O TEMPO

Partindo da pregunta: Cantos días ten un mes? xurde unha investigación sobre as medidas do tempo: século, década, ano, as estacións, os meses, os días, as horas… que nos achega momentos de ledicia. Que festas celebramos cada mes? Cales celebraban os nosos avós?  Seguen estando todas presentes? Neste proxecto lemos un conto fermoso: Sopa de

02Xan
2017

PROXECTO HERVÉ TULLET

No primeiro trimestre comezamos a coñecer a Herve Tullet, o pintor-escritor que traballaremos neste curso. Está dando moito xogo, pois permite que con máis ou menos habilidade todos sexamos bos artístas. As liñas e as formas son as bases para un bo traballo. O uso de múltiples materiais na súas obras favorece a creatividade que

30Dec
2016

Xogo táboa do 5

http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/Tablas/cinco/estudiar5_p.html

30Dec
2016

Tabla del 5

http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/lospuzzlesylastablas/tablas/tabla5_p.html

30Dec
2016

Tabla del V

http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/preguntatablas/cinco/cinco_p.html

30Dec
2016

Tabla del II

http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/Tablas/dos/estudiar2_p.html

30Dec
2016

Tabla del 2

http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/preguntatablas/dos/dos_p.html

30Dec
2016

Reloxo

https://dl.dropboxusercontent.com/u/44162055/medida/mi_reloj.swf

30Dec
2016

O reloxo

http://cerezo.pntic.mec.es/maria8/bimates/medidas/horaslim/de5en5.html

18Dec
2016

LECTURAS GALEGO

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramonsagra/aulavirtual/file.php/2/LENGUA_BASEDUAS/LECTURITAS_No_2_-_2o_GALEGO/LECT.2%20GALEGO%20BLOG/proba.html

04Dec
2016

RESTAS ABN

Visto que acabaremos o trimestre sen poder realizar o terceiro obradoiro, que sería o da resta. Opto por colgarvos uns vídeos e un pdf onde está moi ben explicado o proceso. Tentaremos retomar os obradoiros no segundo trimestre, pero agora comezamos coas avaliación e resúltame imposible. Eles xa realizaron neste trimestre todos os tipos de

26Nov
2016

APADRIÑAMENTO LECTOR

Creo que calquera persoa a calquera idade pode aportarlle algo a outra. De esta afirmación nace e comeza a medrar o apadriñamento lector. A semana pasada reunímonos na Biblioteca Carlos Labraña, co alumnado de 4 anos B para compartir unha experiencia inolvidable e enriquecedora para todos. En primeiro lugar o alumnado de 4 anos escolleu

26Nov
2016

AS MURALLAS DE CEDEIRA!!

Este curso realizamos a 2ª parte dun proxecto inacabado… O proxecto sobre a nosa vila (o curso pasado) derivou nun apartado sobre as murallas, o interese foi inmenso e decidimos adentrarnos máis. Fixemos unha boa recopilación de información, decoramos os pasillos e vivimos como naquela época. Pero quedaba a parte de transmitir… Este ano con

13Nov
2016

PRACTICAMOS A ORTOGRAFÍA!

Aquí tendes unha páxina con múltiples xogos para practicar a ortografía dun xeito moi divertido. http://ntic.educacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2010/ortografia_natural/actividades/menu.html Clica na ligazón!

13Nov
2016

CONTOS DE OUTONO EN PALO!

Os nenos e as nenas teñen moito que contar, moitas historias por dicir… Queríamos realizar unha actividade motivadora na que poñer en práctica diversos contidos que vamos traballando e que teñen que saber aplicar: Ampliación de vocabulario. Mellora na estructuración (introdución, nudo e desenlace) dun texto literario. Mellora na transmisión ( que teña sentido, que

03Nov
2016

ABN FAMILIAS!

Para as familias que non puideron acudir aos obradoiros e para as que acudiron e desexan refrescar, recordar algunhas cousas das que falamos…. DESCOMPOSICIÓN: O curso pasado descompoñemos números de 2 cifras e neste o facemos de 3. O procedemento é algo máis complicado que o ano pasado que non tíñamos centenas, pero faise igual.

01Nov
2016

SAMAÍN OBRADOIROS!

Este ano a merenda a fixemos nós, para levar para a casiña! O pasaron xenial no comedor, onde falamos das normas que hai que respectar nunha cociña e a importancia da hixiene. Logo veu o mellor, facer mans aterradoras! Durante estas últimas dúas semanas tamén fixemos innumerables obradoiros para decorar e moitos trouxeron a súa

23Out
2016

BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA

Os primeiro días fomos ata a biblioteca e recordamos as normas que alí temos que guardar. A biblioteca é un banco de recursos enorme, podemos atopar toda a información que necesitemos. Por certo! nestes días andamos mergullados nun xogo de pistas que argallou o Percebín, a ver se chegamos a bo recaudo. Nesta ocasión fan

23Out
2016

RECUNCHOS FORMAIS DO VENRES!

Xa estamos a mediados do 1º trimestre e organizámonos moito mellor. Así que os venres decidimos traballar toda a mañá por recunchos! As veces, vamos calquera día se rematamos a tarefa. Pero o venres traballamos dun xeito máis formal e todos (así participan os que o resto da semana non teñen oportunidade). Temos cinco recunchos:

23Out
2016

1º OBRADOIRO ABN – FAMILIAS!

Para os que non puideron asistir, colgo o impress para que o vexades. Creo que foi unha experiencia fermosa tanto para as familias como para a titora. Creo que é a sintonía que busco e que vos tamén. A escola e a familia temos que ir da man!obradoiro-familias1 Necesitáis Libreoffice Impress.

09Out
2016

RECUNCHOS

Os venres procuramos gardar un ratiño da mañá para que todos pasen por algún deles, vamos cambiando cada 15 minutos aproximadamente. Logo, durante a semana, se rematan axiña e ben a tarefa, tamén poden adicarlle un anaco a algún deles. Durante o curso estes recunchos cambiarán e iremos introducindo outros diferentes. O xogo de reglas

09Out
2016

DESCOMPOÑENDO EN ADOSADOS!

Unha sesión moi productiva! 1º Escollemos un número e o representan con palillos. 2º Comezan a facer transformacións e poñelo doutras maneiras, cambiando centenas, decenas ou unidades. O que desexen. 3º Cada transformación é representada tamén con números. 4º Facemos igual pero con símbolos. O cadrado vale cen, o círculo dez e a unidade un

25Set
2016

PRACTICAMOS ABN NA REDE

Volvo colgar a páxina de Retomates, pois é moi cómoda de traballar, ten moitos e divertidos xogos para reforzar as competencias matemáticas que desexamos conseguir neste curso. Nestes días estivemos coa suma ABN, para practicala podedes entrar aquí: http://www.retomates.es/ Logo dádeslle ao candado/zona alumnos/Rincón de Luca/sumas con rejilla Chegados aquí tendes seis niveis, podedes movervos

25Set
2016

SEPARAMOS FRASES

Estas dúas semanas estivemos repasando.  Teño que saber de onde partir con cada un e cada unha para poder axudalos. Tanto eu coma vos, temos que ser coñecedores, de esta situación.  Como hai un grupo de alumnado que necesita reforzar a separación de palabras, atopei este xogo que creo é máis divertido que facer unha

25Set
2016

ANIVERSARIO ALOE!!

Comezamos o curso con moita ilusión, ledicia, entusiasmo e moitos desexos de pasalo ben! E grazas, a unha das novas incorporacións o conseguimos. Temos aniversario e festa recén comezado o curso. Aquí podedes ver o que fixemos. Aloe compartiú con nós unhas manualidades fermosas: uns botes para encestar pompóns e deixou na aula un calendario

22Mai
2016

PABLO E A MÁQUINA DE SUMAR

Un día de tantos, cheguei á casa e na cea conversamos, coma sempre, cada un conta o seu día… Eu conteilles o leda que estou coa rapidez mental destas 15 personiñas que aledan as miñas mañás. E, de repente, ao meu home acendéuselle esa bombilla que sempre está latente (é moitas cousas, pero entre outras

22Mai
2016

VÍDEOS VERTEBRADOS

Aquí temos aos nosos grupos colaborativos expoñendo o seu vertebrado. Un pouquiño nerviosos ante a cámara, pero resolveron moi ben o seu traballo. Unha presentación clara e sintetizada de cada unha das cinco clases: mamíferos, reptís, aves, peixes e anfibios. Considero que este tipo de traballos orais, cunha exposición ante un público, son imprescindibles dende

21Mai
2016

ANIVERSARIO DIEGO

Felicidades Diego!! Medrades e medrades…, cada día máis altos, fermosos, intelixentes… non pasa unha semana na que non aprecie algún cambio en algún de vos. Iso mantenme tranquila e, á vez impaciente, porque ata onde seredes capaces de chegar? Levo anos entre nen@s, podo dicir que toda a miña vida e sen equivocarme, fun nena

07Mai
2016

LECTOESCRITURA

Por onde comezar… Non sei fixemos tantas cousas. O máis divertido, completo e compartido foi a obra (en breves teremos unha entrada para ela no blog), pero para chegar a iso,  antes asentamos e ocorreron moitas outras cousas. A nivel gramátical, traballamos coa metodoloxía Montessori, cada forma xeométrica é unha clase de palabra: artigos (triángulo

07Mai
2016

ABN E AS SUMAS EN REJILLA

Continuamos traballando as mates con ABN, facemos moreas de cousas, o máis importante é a seriación e controlar a táboa. Agora acabamos de rematar as sumas en rejilla, aínda hai algúns que nos custa e a mestra nos ten que guiar. O gran problema lles xurde, porque non entenden a necesidade de facer algo que

07Mai
2016

SAÍDAS E MÁIS SAÍDAS…

Nótase que veu o bo tempo, temos moito por facer, e unhas ganas enormes de saír. Así que estivemos facendo unha manchea de cousas: fomos á praia buscar cunchas para facer a balsa para a obra de Carlos Labraña, achegámonos á biblioteca municipal ver un contacontos sobre o mar, fomos plantar árbores polo día da

07Mai
2016

PROXECTO VERTEBRADOS

Este proxecto foi moi productivo, fixemos moitas cousas e aprendimos aínda máis. Aproveitamos a montaxe dos grupos cooperativos para realizar un traballo colaborativo. Cada grupo se encargaba dunha clase, o grupo que rematou de primeiro, asumíu unha clase máis: mamíferos, réptiles, aves, peixes e anfibios. Primeiro fixemos un traballo de selección do material que trouxemos

24Abr
2016

Xogos ABN

Unha páxina con moitísimos xogos ABN. Vamos a practicar!! Fai clic Xogos ABN  Imaxe do blog retomates

17Abr
2016

Palabras Azules

Como xa vos comentei, a profe, colabora noutro blog de mestres con gran amor pola literatura. Aquí está a miña primeira publicación!!! E non será a única, este grupo é fermoso. Todos aprendemos os uns dos outros, porque xamais, xamais se acaba de aprender… Agradecer aos meus nen@s da aula, o seu traballo de cada

17Abr
2016

1ª Xornadas Botánicas de Cedeira.

Quero que olledes o blog de Rafa (un fabuloso ex mestre do noso centro) que segue adicado á súa paixón, o coñecemento da nosa flora e fauna, ensinándonos a coidala, protexela, identificala… Se é posible, visitaremos a exposición en xornada lectiva, recomendo ás familias interesadas as charlas posteriores.  

09Abr
2016

Felicidades Marcos!

Nesta ocasión o homenaxeado foi Marcos, pasamos un rato fabuloso ao modo Montessori. Podedes ver máis fotos na área privada.

09Abr
2016

PASOS NA SUMA ABN EN REJILLA

No algoritmo ABN non existen as levadas, nin hai que preocuparse pola colocación das cifras. Na suma ABN  sumamos cantidades, non cifras. Por iso moitos nenos e nenas cando ven a rejilla por primeira vez non entenden por que hai que anotar os resultados parciais dunha operación se son capaces de resolvela mentalmente. Ben, para

04Abr
2016

KANDINSKY

Mañá comezamos! Para ir situándonos… http://es.slideshare.net/mariaap/wassily-kandinsky-para-nios-27863152

03Abr
2016

SUMAS ABN CON REJILLA

Vamos a ver un vídeo doutros nenos, de primeiro, cando comezan a facer a suma en rejilla, xa veredes que sinxelo! https://www.youtube.com/watch?v=0gB5yuO3lsE  

31Mar
2016

Blog de Rafa

Atentos a tódalas achegas dun gran mestre! Grazas por ensinarnos a querer e gozar da natureza. http://costaartabra.blogspot.com.es/

31Mar
2016

INFORMACIÓN PARA O PROXECTO

Xa comezamos o novo proxecto, xa estamos co número 6. Animais e plantas. Aves acuáticas de Cedeira. Nas asembleas destes días comentamos todo o que trataremos, que sabemos, que desexamos investigar… e xa estamos inmersos. Deixo información e xogos para practicar. http://ares.cnice.mec.es/ciengehi/a/01/animaciones/a_fa09_00a.html  

27Mar
2016

Lecturas cooperativas

Dentro da aprendizaxe cooperativa hai diferentes estructuras, nesta ocasión usamos a estructura do 1-2-4 para realizar a lectura. E posteriormente montamos o conto da Carrapuchiña Vermella. Podedes ver máis fotos na área privada.

27Mar
2016

Adxectivos – sinónimos/antónimos

Un dominó é un xogo didáctico e encantador a calquera idade. Necesitamos ampliar vocabulario e asimilar a aprendizaxe do adxectivo, así que preparamos este dominó, para botar unha partida de cando en vez e reforzar os sinónimos e antónimos.

27Mar
2016

Pares impares

Cara finais do 2º trimestre comezamos a decorar unhas casiñas e rúas, aínda non tiñan moi claro cal era o obxectivo, pero despois dun par de pistas, o viron ben claro. Pares e impares! O fixemos coa aprendizaxe cooperativa, en equipos, cada equipo tiña un grupo de números: seriaban, clasificaban, numeraban e logo de ter

27Mar
2016

Lapbook Cedeira é unha vila

Aquí temos parte do resultado dun fermoso proxecto. Prometede coidalo ben, ensinalo e relelo. Como xa falamos seguiremos moi de preto con actividades sobre a nosa vila, pois vos encantou e non me estraña nada. O pasamos fenomenal. Nos últimos días encargástesvos de montar o lapbook e preparar o libro de fichas. Tamén culminamos a

27Mar
2016

Obradoiro de alimentos

Promovido polo Concello de Cedeira, o alumnado de 1º de Educación Primaria, gozou dun obradoiro sobre a alimentación. Pasámolo xenial e o mellor,  todo o que aprendemos, dende a relación entre as cores das froitas e as súas vitaminas, pasando polas bacterias (boas ou malas) que podemos consumir ou evitar, ata unha revisión dos coñecementos

06Mar
2016

CONTO UN CONTO – 3 ANOS

Como xa comentei en moitas ocasións, non hai mellor motivo para ler, que o de que alguén che escoite. E os nenos e nenas de 3 anos, son uns maravillosos oíntes. Así que en grupos cooperativos preparamos o conto: Este albúm se ha comido a mi perro”. Aínda quedan dous grupos que continúan preparando o

06Mar
2016

CEDEIRA É UNHA VILA

Dentro do currículum para primeiro temos os contidos de Cidade, vila e aldea. Así que programei un proxecto que abarca eses contidos, pero dende o que eles coñecen. Xa estamos moi avanzados, traballamos cidades que algunha vez pisamos ou que están na nosa memoria por algún motivo especial. Evidentemente usamos a nosa vila para coñecela

06Mar
2016

Cadeira dos Abrazos

Quen non ten problemas, de cando en vez? En moitas ocasións contestamos impulsivamente, ferindo os sentimentos dun compañeiro/a, ou levantamos a man con moita lixeireza…. Para resolver pequenos conflictos temos a cadeira dos abrazos. Nela un neno/a senta e o outro tenta explicar o que ocorreu e logo invirten os papeis. O realizan simplemente coa

06Mar
2016

ALTERNATIVA

Nesta sesión adicamos o tempo a investigar as nosas emocións, sentimentos… Esas cousas que sentimos é que nos costa enormemente poñerlle un nome: alivio, morriña, enfado, loucura, amor, soidade, contención, ferida… Temos un libro: “O Emocionario” que con fermosas imaxes vainos describindo cada emoción. Logo escollemos unha e conversamos se algunha vez a sentimos e

21Feb
2016

NOVOS OBRADOIROS E NOVO MATERIAL

Estou convencida de que unhas das formas de aprender é manipulando. Cada individuo é un mundo, uns aprendemos mellor ollando, outros escoitando, outros tocando, outros probando… Por iso é moi importante que a información entre por tódalas canles, para que cada un, se beneficie da que ten máis desenrolada. Por iso, adico moito tempo a

21Feb
2016

PROXECTO CARTAS MOECHE

Este é un proxecto que levamos a cabo 1º e 2º, que desexamos que teña continuidade. Culminará este curso cunha saída na que se coñecerán. Escribimos cartas aos nenos do cole de Moeche e recibimos as súas respostas. Foi moi gratificante, é un xeito lúdico de traballar dende a lectoescritura ata o proceso de envío.

20Feb
2016

RÍO 2016

Foi unha decisión unánime a de traballar todo o centro os xogos olímpicos. Creo que foi moi gratificante para todos. Na nosa aula fixemos un proxecto chamado Río 2016. Este nos levou a investigar un país doutro continente, Brasil. Aprendemos onde estaba, as zonas nas que se desenvolven os xogos, que xogos entran neste ano,

14Feb
2016

Decembro, mes de aniversarios!

Neste mes celebramos unha morea de cumples! Cristina, David e Martín tamén tiveron o seu aniversario Montessori. É coma sempre, na primeira parte reinou a calma, a tranquilidade, o asumir que xa son máis maiores, xa teñen un ano máis. Novos retos, ilusións e proxectos os esperan. Que sexades sempre tan felices coma hoxe! Máis

14Feb
2016

Folio xiratorio

Neste curso, varios mestres do centro, estamos realizando un curso sobre a Aprendizaxe cooperativa. Algo que levo un par de anos traballando, pero por libre, sen máis información que a que vou recadando eu na rede ou con mestres/as amigos. Innovar non é fácil, pero si moi gratificante, pois os alumnos e eu aprendemos xuntos,

14Feb
2016

Lectoescritura

Aprendemos a través de tódolos sentidos, necesitamos ver, ulir, tocar, probar, sentir, escoitar… para ter cada vez máis información sobre iso que presenta un interese para nós. Por iso procuro facer diversas e múltiples actividades. Neste curso fan un cambio, da maíuscula á letra minúscula; é imprescindible que primeiro as relacionen, coñezan os seus sons

14Feb
2016

Recollida Solidaria. O tempo pasa. Chega o Nadal.

Rematamos un proxecto no que fixemos de todo, dende buscar información, ler innumerables contos, preparar, deseñar e montar un lapbook, traballar en equipos cooperativos… Pero o mellor de todo foi que fixemos posible que moitas nenas e nenos tiveran un sorriso, grazas á nosa xenerosidade, á vosa xenerosidade. Dende aquí agradecemos a Asociación Sobrerodas por

13Feb
2016

Concurso postais Nadal

Dende o departamento de biblioteca, onde participa a nosa profe, ofrécennos un concurso. Como nos gusta participar en todo, embarcamos no proxecto. Observade ben as nosas creacións, somos uns artistas!!  

07Feb
2016

Proxecto O tempo pasa. Chega o Nadal.

Neste proxecto temos un reto moi grande, os nosos pequenos e pequenas vagalumes, serán quen de conseguilo? Esperemos que coa axuda de todos si! Queremos xuntar 500 agasallos para os nenos e nenas que Papá Noel e os Reis Magos, seguramente, lles cubrirán as necesidades máis básicas: a comida e a roupa. Nós queremos ser

07Feb
2016

Aprendizaxe cooperativa

Como xa sabedes, na aula traballamos por proxectos e cunha aprendizaxe cooperativa. Dende setembro están colocados en grupos de tres ou catro alumnos e alumnas e, salvo en ocasións que decido que o traballo será realizado individualmente, na maioría das ocasións o facemos en grupo. Intentando aportar o que cada un sabe, e asegurándonos que

07Feb
2016

Aniversario Lara

Primeiro aniversario na aula. Sexto aniversario de Lara! Fixemos unha festa Montessori.  Todo un ritual para inicialos na comprensión do paso do tempo, os conceptos de meses, días, as estacións, así como o movementro da terra sobre sí mesma, e ao redor do sol.  Pequenos conceptos para que observen como medraron e canto cambiaron dende

07Feb
2016
Kamishibai 2º parte

Kamishibai 2º parte

Recordades a 1º parte, do conto de Kati, Unha manchea de bicos… Pois cando estivemos preparados fomos lérllelo aos nenos e nenas de 5 anos e a unha aula de 3 anos. O fixemos no kamishibai, que é como un teatriño no que podemos ler por detrás as imaxes que van saíndo.  Como xa comentei

07Feb
2016

Obradoiro de trazo

Este trimestre tivemos que aprender algo moi importante é difícil, as minúsculas. Primeiro aprendemos a relacionalas coas maiúsculas e aínda que fixemos moitas cousas con lapis, é necesario manipular e facelo de diversas maneiras, como todo. Non existe unha soa forma de facer as cousas, por iso puxémonos “mans á obra” e con un material

06Feb
2016

Numeración ABN

Na área das matemáticas, comezamos manipulando, nesta ocasión eu dicía un número e eles colocaban  os palillos que correspondían na mesa. Para comprobar sae alguén ao encerado e escribe os palillos que colocou. Logo facemos traballo individual, as veces no caderno e outras en fichas. Pero case sempre está permido axudarse, comparar, buscar máis solucións,

06Feb
2016

Proxecto A miña familia. A miña historia.

Xa temos rematado o proxecto máis entrañable que fixemos ata o momento. É difícil explicar con palabras a morea de sentimentos ,que este traballo despertou, palabras, miradas, apertas … É un gran amor e respecto polas persoas que lles deron a vida e que os acompañan en todo momento, polos avós (dúas veces papás e

13Xan
2016

Explorando o espazo

Usamos neste caso unha casa noutras será un castelo… para explorar o espazo (á dereita, a esquerda, arriba, abaixo…), as formas, as cores. Para reforzar coñecementos que moitos xa saben pero que deben interiorizar.

13Xan
2016

Merendas de medo

Grazas, familias, por facer da merenda un xogo. Ese día ollamos arte na cociña de cada un e tivemos medo con sabor a chocolate. Probamos tartas pantasmas, arañas, cabazas con sabor a queixo, a mandarina… E pasamolo moi, moi ben que era do que se trataba!

13Xan
2016

Un conto polo Samaín

Como podedes observar estes pequenos vagalumes xa son quen de inventar historias en grupo, contalas, decoralas e incluso expoñelas en público. Este tipo de actividades axudan a motivar e a practicar dun xeito moi lúdico a lectura e a escritura, xusto un dos nosos grandes obxectivos do curso.

13Xan
2016

O caderno

Dende o inicio do curso tomei a determinación de que o caderno tería un papel importante dentro das nosas tarefas. Creo que é un instrumento que permite ver os avances dos nenos e nenas dende o inicio e apreciar claramente, cun vistazo rápido, como evoluciona en tódalas áreas. Ademais apoia outro tipo de traballos (fichas,

11Nov
2015

O xogo

O tempo de xogo é un dereito necesario, pois á vez que o neno xoga, crea cousas, inventa situacións e busca solucións a diferentes problemas que se lle expoñen a través dos xogos. O xogo favorece o desenvolvemento intelectual. O neno aprende a prestar atención no que está a facer, a memorizar, a razoar, etc.

11Nov
2015

Kamishibai 1ª parte

Estes peques teñen unha memoría fantástica! Resulta que o ano pasado eu tiña un grupo de 2º curso e preparamos un conto. Decidimos facer un kamishibai con el.  Pero non tíñamos a armazón de madeira para facelo… Así que grazas á plena colaboración dun papá carpinteiro hoxe o colexio conta con esa armazón. Que, por

11Nov
2015

E chegou o outono…

Pois si, aínda que hai días que non o parece, aquí está! E para recordalo fixemos un mapa conceptual para axudarnos a organizar as ideas. Foi moi gracioso, pois cando lles contei o que íamos facer, non vían o mapa por ningures…! Claro foi o seu primeiro mapa conceptual e non será o último. Tamén

11Nov
2015

Traballando con ABN.

Chegamos a clase e entre risas e saúdos colocamos as mochilas e as chaquetas nos percheiros. Antonio, o encargado da pizarra, pon a data. Os encargados de material: Martín, David, Nayla e Cristina colocan os palillos nas mesas dos seus compañeiros. Cada grupo vai colocando os casilleiros que quedaron enriba das mesas, para que o

11Nov
2015

Teño un nome especial. Son especial.

Este proxecto está chegando ao seu fin… Neste proceso aprendemos un montón de cousas novas e asimilamos mellor outras que xa coñeciamos. Axudounos a coñecernos máis,  os uns aos outros, a facernos máis amigos, compartir o que sabemos e a aprender a aprender: xogando, escoitando, ollando, lendo, tocando….  Dentro de nós levamos unha chea de

14Out
2015
Quen mellor que a nosa familia para contar o especiais que somos!

Quen mellor que a nosa familia para contar o especiais que somos!

Agradecer a tódalas familias que comparten un tempo con nós. Son visitas que marcan, que fan que as emocións estean a flor de pel: amizade, amor, tenrura… Pero permanecerán todas nos pequenos corazonciños de todos os que as compartimos. Agora sabemos algo máis desa amiga ou amigo de pupitre, e non só deles senón tamén

09Out
2015

Estes somos nós!

Cada un co seu nome, cunha historia, pequenas memorias dos inicios dunha vida. Retallos pequenos coma nós. Historias fermosas para hoxe en día ser como somos. Únicos e únicas coa nosa identidade. Somos especiais e xamais deixedes que vos digan o contrario. Irrepetibles!!! Para ver esta e outras galerías que vaiamos publicando, deberedes premer na sección privada, que

28Set
2015
Lecturas interactivas

Lecturas interactivas

Estas son algunhas lecturas interactivas para reforzar a lectura. Só hai que premer en cada ligazón para practicar. Este material interactivo é unha publicación da editorial Anaya. Fontes: http://www.auladeelena.com/p/lecturas-interactivas.html http://primerodecarlos.com/ (necesita plugin Flash) Vocales Letra L Letra M Letra S Letra P Letra T Letra N Letra D Letra C delante de a, o, u. Letra Q Letra H Letras

16Set
2015

Convivencia

A convivencia non sempre é fácil, pero pode resultar divertida.

13Set
2015

Benvidos!

Estimadas familias, alumnas e alumnos de 1º B: Dende o 10 de setembro os nosos camiños uníronse. Pero xa dende hai moito tempo levo cavilando na necesidade de abrir unha ventá na nosa aula, de non estar nunca sós e sobre todo non gardar todo o que facemos para nós. Hoxe está ventá ábrese para

12Set
2015

Sobre a privacidade

Esta páxina web pretende ser unha ferramenta que facilite o contacto dos ámbitos escolar e familiar. Serve para arquivar algúns dos traballos que iremos facendo na aula usando novas tecnoloxías e, ao mesmo tempo, para que as familias teñades a posibilidade de acceder aos traballos dos pequenos e poder revisalos con eles. A privacidade é un asunto a