28Xan
2017
0

MULTIPLICAMOS EN REJILLA

Xa sabemos moitas táboas: a do 0, 1, 2, 3, 5, 10, 11 e 12. As continuamos repasando, pero necesitamos operar no papel. Así que comezamos coa multiplicación ABN na rejilla. As ventaxas do método son inmensas, como especifica Jaime Martínez Montero:

  • O proceso é transparente e ao non existir o termo “lévome…” as operacións que se realizan están sobre o papel.
  • Non existe a necesidade de correr un espacio cando o multiplicador ten máis dun número ou varios espacio se inclúe ceros.
  • Tampouco temos o problema que xurde cando os números resultantes das multiplicacións parciais non se atopan ben colocados, provocando sumas incorrectas.
  • Unha vez acabada a operación e sobre as cantidades reflPexadas permítenos realizar unha serie de cálculos engadidos que enriquecen e clarifican a operación.

PROCESO:

Cando o multiplicador ten unha soa cifra, necesitamos 3 columnas (nosoutros na aula comezamos con dúas columnas,  pois o alumnado ten a axilidade suficiente no cálculo mental  para asumilo, de tódolos xeitos, cada un se irá posicionando estes días, na postura máis cómoda para cada un/unha). Na primeira columna descompoñeremos o número en centenas, decenas e unidades, a 2ª será para os productos parciais (é o resultado de multiplicar o multiplicador por cada unha das descomposicións que fixemos por filas) e na última columna poñeremos o producto acumulado (é o resultado de ir sumando sucesivamente os productos da columna central. A primeira fila permanecerá baleira ao non existir aínda dúas cifras que sumar e a última reflexará o total da multiplicación.

NOTA IMPORTANTE:

Cando o multiplicando ten ceros intermedios omítese a fila que corresponde ao cero, xa que o seu producto sería unha fila de ceros.

 

Sen comentarios

Responder