ANIVERSARIO DIEGO
Felicidades Diego!!
Medrades e medrades…, cada día máis altos, fermosos, intelixentes… non pasa unha semana na que non aprecie algún cambio en algún de vos. Iso mantenme tranquila e, á vez impaciente, porque ata onde seredes capaces de chegar? Levo anos entre nen@s, podo dicir que toda a miña vida e sen equivocarme, fun nena e aínda está viva en mín, esa pequecha curiosa.
Desexo que aínda que medredes sempre miredes á vida cos ollos curiosos dun neno.
Podedes ver máis fotos na área privada.