2019
2019
DEBATE RADIOFÓNICO LAVADO NA FONTE OU NA LAVADORA?
DENTRO DO PROXECTO INTERCENTROS SOBRE O PATRIMONIO INMATERIAL, OS VAGALUMES DE 3º A, REALIZAN UN DEBATE RADIOFÓNICO SOBRE QUE SERÁ MELLOR… LAVAR NA FONTE OU NA LAVADORA? PROS, CONTRAS… CONVIDAN A UN PAI E A UNHA AVOA, CADA UN CUN PUNTO DE VISTA DIFERENTE. GRACIAS ANDY E JOSEFA POLAS VOSAS APORTACIÓNS!
2019
PODCAST “A VIDA DIARIA NO CASTRO SARRIDAL” NA RADIO EXPERIMENTAL!
O alumnado dentro do seu proxecto intercentros sobre o Patrimonio Inmaterial, tamén traballou a alimentación e a vida diaria nun castro, no noso Castro Sarridal. Este podcast participou no I Concurso de podcast organizado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. Parabéns a ela, por promover este tipo de concursos. Agradecer a participación de Quique […]
2019
PODCAST CASTRO SARRIDAL NA ONDA DISCALZA!
Parabéns á emisora de radio “A Onda Discalza”, da Biblioteca Escolar Punta Candieira, polo premio no I Concurso de Podcasts do programa Radio na biblio que convocou a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. Este podcast forma parte dun traballo por proxectos intercentros sobre o Patrimonio Inmaterial no que participan os Vagalumes de 3º A […]
2019
CASTRO SARRIDAL – PROXECTO PATRIMONIO INMATERIAL
Os Vagalumes e o alumnado de 1º de Bacherelato de Antropoloxía continuamos co proxecto sobre o Patrimonio Inmaterial. Nesta ocasión, as rapazas e rapaces de 6º C, inician aventura e participan no proxecto. Como todo en Galicia, comeza falando de comida, así que a gran pregunta era…É que comían os castrexos? Despois de moito investigar, […]
2019
PATRIMONIO INMATERIAL – MUÑEIRADA
ATENCIÓN, PRÁCTICA E MOITA COORDINACIÓN! GOZANDO COS NOSOS BAILES TRADICIONAIS!
2019
PATRIMONIO INMATERIAL – A REFLEXIÓN PROVOCA UN DEBATE RADIOFÓNICO!
A DISCUSIÓN CON EDUCACIÓN CREA COÑECEMENTO, ENLAZA IDEAS, PROVOCA NOVAS ACTIVIDADES PARA CONSEGUIR INFORMACIÓN. SE CON OITO ANOS SON CAPACES DE ISTO! QUE BO PORVIR NOS ESPERA, SEMPRE QUE NON LLES AMARREMOS AS IDEAS! POLA LIBERDADE DE EXPRESIÓN!! FENÓMENOS OS MEUS VAGALUMES! CLICA: https://photos.app.goo.gl/qRWMPJoNxZtjbxLV7
2019
PATRIMONIO INMATERIAL – FACENDO O MOLIDO E CARRETANDO COA ROUPA!
AS AVOAS CARMEN E VEVA ACOMPAÑÁRONNOS NUN OBRADOIRO DE DRAMATIZACIÓN. CONSTRUÍMOS O MOLIDO E FIXEMOS PROBAS PARA LEVAR CON EQUILIBRIO O BARREÑO. LOGO PREGUNTAMOS UNHA MOREA DE DÚBIDAS QUE TÍÑAMOS E FINALIZAMOS REPRESENTANDO TODAS AS FASES DO LAVADO. XA ESTAMOS CASE, PREPARADOS PARA CONVERTERNOS EN LAVANDEIROS E LAVANDEIRAS!!
2019
PATRIMONIO INMATERIAL – RUTINAS DE PENSAMENTO
Soportes gráficos para a reflexión e investigación na aula.
2019
RADIO EXPERIMENTAL
CREAMOS ESCALETAS! TRABALLAMOS A EXPRESIÓN ESCRITA, ORAL, TEMPOS…