07Xul
2017
0

PASEO COAS FAMILIAS – PORTAS DA MURALLA

Non podiamos rematar o curso doutra maneira que non fora celebrando. Festexando o traballo das nenas e nenos durante estes dous cursos. Grazas ao seu esforzo, dedicación, emoción e ganas de levar adiante esta tarefa  deixaron pegada na nosa vila xa para sempre. Quixemos compartir esta aventura xuntos, familias e escola como debe ser. Moitas […]

25Xuñ
2017
0

ANIVERSARIOS FIN DE CURSO

Parabéns! Lucía Rodríguez, Carol, Nayla, Antonio e Lucía Pernas!! Xa sodes uns rapaciños cun ano máis, con máis privilexios, pero tamén novas responsabilidades. Xa sabedes que hai que collelo todo, o lote ben enteiro. Sei de sobras que podedes con iso e máis!

25Xuñ
2017
1

MAMASIÑA, QUE MEDO!

O teatro, un proxecto do que todos estamos orgullosos, un gran traballo das rapazas e rapaces. Traballamos tantas cousas: expresión oral, lectura, entonación, resolución de conflictos, vocabulario relativo ao teatro, escritura, sentimentos, emocións, poñerse no lugar do outro… Estes nenos creceron cada día coa obra, mergulláronse nela, a fixeron súa. Un día presentábanse ante tí […]

17Xuñ
2017
0

AS MURALLAS DE CEDEIRA!

Agora sí culminamos o noso proxecto co que desexabamos, deixar pegada. Constancia para toda Cedeira, para os de dentro e os de fóra, para todo o que desexe coñecer, indagar e animarse a profundizar, no noso, o noso pasado, o que sempre estivo alí. Recordade que isto comezou a finais do 2015 inicios do 2016, […]

09Xuñ
2017
0

AS PROFESIÓN DE ANTES E DE AGORA – DURAN, O PANADEIRO.

Quedábanos o colofón final para pechar o noso proxecto das profesións. Quixemos descobrer algunhas profesións do noso pobo, das que perduran e o farán por moito tempo seguro. Pero non só descobremos, tamén aprendemos a realizar unha enquisa, pensar que desexábamos saber de cada profesión, a filtrar todas as nosas ocorrencias e deixar as máis […]

29Abr
2017
0

PICASSO

Este trimestre continuaremos profundizando nas obras de Herve Tullet e investigaremos a Picasso. Xa sabemos algunhas cousas e fixemos algunhas creacións, como as máscaras cubistas da Feira dos Libros. Aquí tedes un vídeo e no apartado de recursos algúns xogos.

28Abr
2017
0

SAÍDA ESTUDO DAS PLANTAS

Grazas a boa vontade de Rafa, puidemos usar todos os nosos sentidos no coñecemento desas plantas, as que vemos día a día e descoñecemos totalmente. Convido ao que o desexe a profundizar en todo o seu saber que non é pouco, a través da súa páxina http://costaartabra.blogspot.com.es/  

28Abr
2017
0

AVANZAMOS “A CAPELADA É NOTICIA!”

Continuamos con numerosas actividades: Traballamos a noticia de Rafa e a crepis novoana, tamén a das rochas e minerais de Fran Canosa. En mates ABN, xa multiplicamos ata dende o 6 ata o 9 cos dedos, seguimos profundizando nos problemas, na súa comprensión, continuamos coas moedas e os billetes, iniciándonos no seu reparto, as súas […]

25Abr
2017
0

VISITA AO MUSEO MARES DE CEDEIRA

Encántanos!! O visitamos en dúas ocasións, unha organizada para todo o centro e outra, cando lle fixemos a enquisa a Eduardo do Mimo. Seguro que volveremos! Ten tantas cousas, que cada vez exploras, descobres, observas… algo novo, no que non reparaches ou quizais non estaba. Cada obxecto ten unha historia, non é calquera! Quen non […]

Páxina 8 de 14