25Abr
2017
0

VISITA AO MUSEO MARES DE CEDEIRA

Encántanos!! O visitamos en dúas ocasións, unha organizada para todo o centro e outra, cando lle fixemos a enquisa a Eduardo do Mimo. Seguro que volveremos! Ten tantas cousas, que cada vez exploras, descobres, observas… algo novo, no que non reparaches ou quizais non estaba. Cada obxecto ten unha historia, non é calquera! Quen non desexa escoitar de onde veu, como se colleu, quen a tiña…? Agasallo para ollos e oídos.

O trato é estupendo! Pasámolo en grande!  Grazas a todos e cada un dos que fan que os Cedeireses poidamos presumir do noso!

Sen comentarios

Responder