02Xan
2018
0

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO

Somos unha morea!! Que ben o pasamos, gozamos dunha gran festa chea de xogos, conversas, baile… O mellor o xogo das abellas, fermoso!! Foi unha ledicia compartir con vos ano a ano a vosa historia, que aínda que pareza curta está cargada de maxia, vida, sensacións, sentimentos, cada unha diferente, como ten que ser! Diversas […]

02Xan
2018
0

SAÍDA AO MUSEO MARES DE CEDEIRA

Neste curso imos realizar varios roteiros, unha desas paradas obrigadas é o noso Museo Mares, non só porque aparece dentro do noso currículo para 2º de primaria (CSB4.5.1 – Explica que é un museo e cales son as súas funcións.) se non porque é unha referencia para o estudo do mar nunha vila mariñeira, como […]

02Xan
2018
0

SAÍDA AO CONCELLO DE CEDEIRA

Neste curso decidín facer unha serie de roteiros polo que o meu alumnado ten que pasar. Son sitios de gran valor na nosa vila e que coido de obrigado coñecemento. Estes roteiros sempre irán acompañados do trazado da ruta nun plano. Escollemos google maps, pois ten moitas posibilidades  é moi práctico para as nenas e […]

16Dec
2017
0

TELECOMUNICACIÓNS

Un grupo de alumnos/a a cargo do seu profe, Andy, ensináronnos dun xeito moi activo, como chega a televisión ás nosas casas. Aprendemos unha morea de cousas que non sabiamos e o mellor foi que o puxemos en práctica. Buscamos canles e xogamos para probar os novos coñecementos adquiridos. Este tipo de actividades internivelares, enriquecen […]

16Dec
2017
2

PROXECTO MARROCOS

Enmarcado dentro do proxecto: Culturas do mundo, proposto polo C.E.I.P. Nicolás del Río, iniciamos a nosa investigación.  Aprendemos a facer galletas de coco con dúas mamás coñecedoras da receita. Gracias a Hannane e Najia, esperámosvos no próximo encontro. Obradoiro de galletas  Clica na ligazón.

19Nov
2017
0

XUNTANZA 5 ANOS – 2ºA

Somos maiores, pero aínda gústanos xogar, por iso decidimos baixar ás aulas de cinco anos para ofrecerlles ás nenas e aos nenos a nosa axuda na lectoescritura e logo compartir con eles/as un bo rato de xogo simbólico. Que ben o pasamos!! Temos que agradecer a acollida de todos os nenos/as e das mestras (Raquel, […]

05Nov
2017
0

SAMAÍN

Dentro do noso proxecto “De festas pola vila” tocoulle ao Samaín ser o protagonista. Nunha xuntanza entre a Biblioteca Escolar Punta Candieira e a nosa xurdiu o comentario dos proxectos que teño pensado realizar este ano e o interese estendeuse. Aos poucos días xa había unha aula que quería participar no proxecto e de forma […]

04Nov
2017
0

GRUPOS INTERACTIVOS – COMUNIDADES DE APRENDIZAXE

Neste vídeo explicamos, a grandes rasgos como serán os interactivos na aula. Algúns xa tivestes a oportunidade de ser partícipes, outr@s o seredes en breve. O que está claro é que será unha experiencia moi gratificante para todos, non só mellorarán a nivel académico e diminuirán os conflitos na aula, senón que teceremos lazos de […]

07Out
2017
0

ANIVERSARIOS CARLOS, MARIO, SUHAYL E UNAI!!

Son os primeiros aniversarios que celebramos, detrás virán moitos máis! Parabéns, chicos!! Xa sabedes, sodes máis grandes, iso da máis liberdades, pero tamén esixe máis deberes e compromisos. Estou segura que seredes capaces de asumilos! Gracias por compartir este día con nós! Perdoade a calidade das fotos, pero a fotógrafa fai o que pode…

27Set
2017
0

BENVIDA AOS MEUS VAGALUMES DE 2º A!!

Agora si!! Xa podemos dar a benvida a estas 19 caras radiantes, con todos saniños e na aula.  Este primeiro mes adicámolo a coñecernos, consensuar as normas da nosa aula, e adentrarnos na nova organización e metodoloxía. Espero que cada día volvan con ese sorriso que garantizan as ganas de aprender xuntos. Pode que un […]

Páxina 7 de 14