05Nov
2017
0

SAMAÍN

Dentro do noso proxecto “De festas pola vila” tocoulle ao Samaín ser o protagonista. Nunha xuntanza entre a Biblioteca Escolar Punta Candieira e a nosa xurdiu o comentario dos proxectos que teño pensado realizar este ano e o interese estendeuse. Aos poucos días xa había unha aula que quería participar no proxecto e de forma moi activa. O entusiasmo, a ledicia, as ganas de superación, o traballo, o esforzo… estiveron presentes durante moitas xornadas nunha aula de Antropoloxía, pero incluso apreciaba iso fora, no parque cando coincidía con elas… Estaban cheas de ilusión, é o que nos move a facer as cousas, non?

Por outra banda, os meus 19 Vagalumes, inquedos, preguntando cando sería esa marabillosa xuntanza, cando compartiriamos ese intre, cal sería o seu papel?

Namentres fixemos moitas actividades, pero polo momento, queremos compartir con vos este, especial, máxico, arrepiante e divertido vídeo.

Gracias ás rapazas de Antropoloxía e a Rafael López Loureiro por documentar, a Rossana por escoitar, guiar, colaborar, por estar sempre, a Quique e Andy pola fotografía, vídeos, montaxe (uns cracks, sen xente así pouco poderíamos ensinar), aos meus Vagalumes por ser como son: entusiastas, divertid@s, sorprendentes e con dosis extras de participación.

Sen comentarios

Responder