BENVIDA AOS MEUS VAGALUMES DE 2º A!!
Agora si!! Xa podemos dar a benvida a estas 19 caras radiantes, con todos saniños e na aula.
Este primeiro mes adicámolo a coñecernos, consensuar as normas da nosa aula, e adentrarnos na nova organización e metodoloxía.
Espero que cada día volvan con ese sorriso que garantizan as ganas de aprender xuntos. Pode que un día teñamos un atranco, pero para aprender, moitas veces, hai que errar e entre todos solucionar.
Aquí podedes ver unhas fotos da benvida e deles traballando na aula (actividades de lengua da gramática Montessori, xa comentarei detidamente noutra entrada).
Aproveito a ocasión de saudar aos meus anteriores Vagalumes. Que saibades que aquí me tedes para o que necesitedes!
Espero que este blog sexa unha ventá onde poidades ver aos vosos fill@s, compartir información interesante e gozar xuntos, porque ambos familias e mestres viaxamos na mesma dirección.