GRUPOS INTERACTIVOS – COMUNIDADES DE APRENDIZAXE
Neste vídeo explicamos, a grandes rasgos como serán os interactivos na aula. Algúns xa tivestes a oportunidade de ser partícipes, outr@s o seredes en breve. O que está claro é que será unha experiencia moi gratificante para todos, non só mellorarán a nivel académico e diminuirán os conflitos na aula, senón que teceremos lazos de cariño, de amizade, de emocións compartidas.
Temos que agradecer a Andy a súa disposición para gravarnos e montar o vídeo. Contamos contigo para a próxima!
Comparto documentación por se alguén quere profundizar no tema. Clica na ligazón.