02Xan
2018
0

SAÍDA AO MUSEO MARES DE CEDEIRA

Neste curso imos realizar varios roteiros, unha desas paradas obrigadas é o noso Museo Mares, non só porque aparece dentro do noso currículo para 2º de primaria (CSB4.5.1 – Explica que é un museo e cales son as súas funcións.) se non porque é unha referencia para o estudo do mar nunha vila mariñeira, como é a nosa.

As saídas esixen unha preparación, primeiro decidimos cal sería  o noso percorrido, logo usamos a aplicación do google maps, para trazar a ruta e localizar os puntos de interese que logo traballamos e investigamos na aula. Así soubemos que os xardíns polos que íamos pasar (antigamente moito máis floridos, por certo) e que a maioría só coñecía polas pombas, reciben o nome dos Xardíns do Pénjamo. Tamén escoitamos a canción “Ya vamos llegando a Pénjamo” e descubrimos a un Xián cantor.

A profe elaborou unha carta de abordaxe, necesitamos aprender a escoitar e esta era unha oportunidade fantástica, polo tanto había que atender e superar catro retos. O fixemos fantástico e como premio ao noso traballo, recibimos unha maqueta fantástica para montar na casa.

Temos que darlle a enhoraboa a Tania, pois coa axuda da súa familia xa montou a maqueta e quedoulle fermosa!!

Agradecer tamén a colaboración do Museo Mares de Cedeira, en espacial a Eduardo por esa visita fabulosa e a Belén, a nai de Unai, por acompañarnos na nosa abordaxe. Tamén á maioría do alumnado que nesta ocasión tivo un comportamento exemplar.

Clica na ligazón para ver as fotos: Museo Mares de Cedeira

Clica para escoitar a canción:Ya vamos llegando a Pénjamo

Sen comentarios

Responder