26Abr
2018
0

“De festas pola Vila!” Candeloria – Febreiro

Un mes máis, unha festividade nova, A Candeloria, tempo de apegotas. Un novo e fermoso traballo, realizado polas nenas e nenos de 2º A, coa colaboración do alumnado de antropoloxía do IES Punta Candieira. Agradecer a  documentación por parte de Rafael López Loureiro, o bo facer de Rosana, a creatividade de Montouto SoundMachine,  a constante […]

01Abr
2018
0

O CORPO HUMANO – PROXECTO

Rematamos o noso proxecto sobre o Corpo Humano e para que vexades algo do que fixemos montamos este vídeo. Foi unha investigación moi bonita e motivadora. Documentámonos con libros da Biblioteca Carlos Labraña e outros que trouxemos da casa, recollemos e filtramos a información, convertémonos en médicos/as e pacientes, tomamos datos, deseñamos unha consulta médica, […]

27Mar
2018
0

DE FESTAS POLA VILA!!

O noso proxecto de curso continúa. Xa levamos varias festas gozadas: Setembro con San Andrés, Outubro co  Magosto, Novembro co Samaín (celebración compartida co alumnado de antropoloxía do I.E.S. Punta Candieira), Decembro coas Panxoliñas, Xaneiro cos Cantos de Reis (xunto aos nosos avós e avoas), Febreiro coa Candeloria (novamente co alumnado de antropoloxía) e Marzo […]

14Feb
2018
0

ANIVERSARIO MIGUEL

Parabéns!! Xa tes un ano máis!! Ogallá sempre conserves esa mestura de inocencia e simpatía coa que nos invades a todos e todas. Felicidades campeón! Agradecer aos magos: Noa e Unai a amenización da celebración. Podedes ver as fotos do homenaxeado e o ben que o pasamos, clicando na ligazón: Aniversario Miguel

12Feb
2018
0

Entroido – Indios

Temos poucas fotos e non demostran o intenso traballo que este proxecto deu. Investigamos coa axuda dunha amiga da profe, Nives Villar, á que todos estamos enormemente agradecidos. A súa información foi clave para entender a forma de vida actual dos indios e como foron evolucionando co paso dos anos. A súa estadía, durante tres […]

03Xan
2018
0

CANTOS DE REIS

Enmarcado no noso proxecto “De festas pola vila” chega Xaneiro da man dos Reis Magos e a eles adicámoslles este cantar. “ÍMONOS XA PRA ALDEA PORQUE AQUÍ NON É BEN RUAR… … …” Recordade chicas/os repasalo. Luns ensaio e martes escena! Pero o máis importante, preparade todo o necesario na noite do día 5, auga […]

03Xan
2018
1

PATRULLA R – AS 3 R

A reciclaxe é algo no que todos estamos comprometidos, pero aínda é certo que temos moitos problemas para levalo a cabo, pois non recoñecemos as cores dos cubos, non temos claro que podemos introducir en cada un… Tamén realizamos moitas accións que destrúen o noso planeta pouco a pouco. Co propósito de mellorar e gracias […]

02Xan
2018
0

BO NADAL!

O último día foi un cúmulo de sentimentos, emocións, nervios… Decidín que levalos uns anos atrás sería unha boa reflexión, un encontro consigo mesmos, o paso do tempo, a amizade compartida… Así que esta manualidade, as conversas, as amigas e amigos que ese día percorreron a nosa aula, nenas e nenos que coma eles pasaron […]

02Xan
2018
0

TARTA QUECHO

Como desfrutamos na cociña, coido que moitos teñen alma de cociñeiro/a, gústalles e teñen moito xeito. Espero que algúns fixerades a receita na casa, pois seica que estaba boa… Aquí tedes unha fotos do proceso. TARTA QUECHO

Páxina 6 de 14