Entroido – Indios
Temos poucas fotos e non demostran o intenso traballo que este proxecto deu. Investigamos coa axuda dunha amiga da profe, Nives Villar, á que todos estamos enormemente agradecidos. A súa información foi clave para entender a forma de vida actual dos indios e como foron evolucionando co paso dos anos. A súa estadía, durante tres anos, en Lousiana, Nova Orleans; permitía unha documentación veraz, actual, viva. Gracias Nieves!
Este proxecto incluía o disfrace do entroido, polo cal fixemos innumerables traballos manuais: traxe, paos de choiva, cabalos, porta frechas, frechas, arcos, totem, canoas, atrapasoños, hachas, lanzas, bebes indios… Cada un decidiu que quixo e o elaboramos. Pero o traballo non nos permitiu sacar nin unha foto, salvo as das probas e as do mesmo día da saída. Estábamos absortos, felices, sentíndonos libres como os Makabs, a nosa tribo!
Clica na ligazón para ver as fotos.Entroido
Clica para ver o traballo de investigación. Proxecto Indios