09Out
2016
0

RECUNCHOS

Os venres procuramos gardar un ratiño da mañá para que todos pasen por algún deles, vamos cambiando cada 15 minutos aproximadamente. Logo, durante a semana, se rematan axiña e ben a tarefa, tamén poden adicarlle un anaco a algún deles. Durante o curso estes recunchos cambiarán e iremos introducindo outros diferentes. O xogo de reglas […]

25Set
2016
0

ANIVERSARIO ALOE!!

Comezamos o curso con moita ilusión, ledicia, entusiasmo e moitos desexos de pasalo ben! E grazas, a unha das novas incorporacións o conseguimos. Temos aniversario e festa recén comezado o curso. Aquí podedes ver o que fixemos. Aloe compartiú con nós unhas manualidades fermosas: uns botes para encestar pompóns e deixou na aula un calendario […]

22Mai
2016
0

VÍDEOS VERTEBRADOS

Aquí temos aos nosos grupos colaborativos expoñendo o seu vertebrado. Un pouquiño nerviosos ante a cámara, pero resolveron moi ben o seu traballo. Unha presentación clara e sintetizada de cada unha das cinco clases: mamíferos, reptís, aves, peixes e anfibios. Considero que este tipo de traballos orais, cunha exposición ante un público, son imprescindibles dende […]

21Mai
2016
0

ANIVERSARIO DIEGO

Felicidades Diego!! Medrades e medrades…, cada día máis altos, fermosos, intelixentes… non pasa unha semana na que non aprecie algún cambio en algún de vos. Iso mantenme tranquila e, á vez impaciente, porque ata onde seredes capaces de chegar? Levo anos entre nen@s, podo dicir que toda a miña vida e sen equivocarme, fun nena […]

07Mai
2016
0

PROXECTO VERTEBRADOS

Este proxecto foi moi productivo, fixemos moitas cousas e aprendimos aínda máis. Aproveitamos a montaxe dos grupos cooperativos para realizar un traballo colaborativo. Cada grupo se encargaba dunha clase, o grupo que rematou de primeiro, asumíu unha clase máis: mamíferos, réptiles, aves, peixes e anfibios. Primeiro fixemos un traballo de selección do material que trouxemos […]

17Abr
2016
0

1ª Xornadas Botánicas de Cedeira.

Quero que olledes o blog de Rafa (un fabuloso ex mestre do noso centro) que segue adicado á súa paixón, o coñecemento da nosa flora e fauna, ensinándonos a coidala, protexela, identificala… Se é posible, visitaremos a exposición en xornada lectiva, recomendo ás familias interesadas as charlas posteriores.  

31Mar
2016
0

Blog de Rafa

Atentos a tódalas achegas dun gran mestre! Grazas por ensinarnos a querer e gozar da natureza. http://costaartabra.blogspot.com.es/

Páxina 11 de 14