22Mai
2016
0

VÍDEOS VERTEBRADOS

Aquí temos aos nosos grupos colaborativos expoñendo o seu vertebrado. Un pouquiño nerviosos ante a cámara, pero resolveron moi ben o seu traballo. Unha presentación clara e sintetizada de cada unha das cinco clases: mamíferos, reptís, aves, peixes e anfibios.

Considero que este tipo de traballos orais, cunha exposición ante un público, son imprescindibles dende idades moi precoces. A vida deparalles moitas situacións similares, teñen que aprender a xestionalas e saíren airosos.

Podedes visitar a entrada anterior dos vertebrados para ter máis información.

Ollade os cinco vídeos, son fabulosos. Un orgullo ser a súa mestra.

 

 

 

 

Sen comentarios

Responder