07Mai
2016
0

PROXECTO VERTEBRADOS

Este proxecto foi moi productivo, fixemos moitas cousas e aprendimos aínda máis. Aproveitamos a montaxe dos grupos cooperativos para realizar un traballo colaborativo. Cada grupo se encargaba dunha clase, o grupo que rematou de primeiro, asumíu unha clase máis: mamíferos, réptiles, aves, peixes e anfibios.

Primeiro fixemos un traballo de selección do material que trouxemos da casa, da biblioteca e do que atopamos pola internet. Cada grupo facía unha selección e preparaba un mapa conceptual no caderno. Eu adicaba un tempo a cada grupo, dando recomendación e axudando cando tiñan un problema que non sabían solventar, hai que orientar, non impoñer. Ás veces, equivocarse é importante, é un xeito máis de aprender.

Isto levou algunhas sesións, cada grupo ao seu ritmo, posteriormente decidimos que cada clase tería un triángulo dun enorme queixo. Partimos un círculo xigante en seis partes, cinco para as clases e unha para o título. A condición era usar fotos ou debuxos elaborados por eles e escribir en poucas palabras (a modo de esquema) o máis relevante.

Cada equipo foi colocando o seu esquema no círculo, tiveron que calcular espazos, en moitos casos refacer ou incluso desechar e volver a comezar, tiñan un oco limitado. Eu ía polos equipos para que me contaran o que querían facer e incidir en que debían colocar o máis importante enriba, baixando segundo a importancia do que desexaban contar.

Ademáis os que tiñan os anfibios e os réptiles, engadiron un cadro aparte pois querían engadir ordes.

Conseguimos un queixo fermoso! Agora despois de velo tan fermoso, recibiron a noticia… Cada un traballara unha clase, salvo un grupo que traballou dous, pero era imprescindible que todos coñeceran tódolos grupos. E eu xa tiña unha idea que seguro ía gustar…

Tiñan que practicar diante do seu anaco de queixo e aprender mois ben o que ían dicir, pero antes tiñan que decidir, do que apuntaran … quen diría cada cousa e en que orde. Todo un traballo de organización e consenso, co que nos custa, ás veces poñernos de acordo!

Pois se puxeron e os grabei… Pero os vídeos estarán na próxima entrada dos vertebrados!

Podedes ver fotos do proceso na área privada.

Sen comentarios

Responder