PATRULLA R – AS 3 R
A reciclaxe é algo no que todos estamos comprometidos, pero aínda é certo que temos moitos problemas para levalo a cabo, pois non recoñecemos as cores dos cubos, non temos claro que podemos introducir en cada un… Tamén realizamos moitas accións que destrúen o noso planeta pouco a pouco.
Co propósito de mellorar e gracias a dúas persoas da asociación ARCE: Belén (a mamá de Unai) e Ana, gozamos dunhas actividades que mellorarán as nosas competencias (CNB4.1.2 – Reduce, reutiliza e recicla residuos na escola.)
Nesta sesión aproveitamos para montar a nosa Patrulla R que ten como propósito mellorar a nosa calidade de vida. As primeiras propostas son reducir o uso de toalliñas húmedas sustituíndoas por panos húmedos e cambiar os panos de papel por panos dos de tea. De feito comprometéronse a traelos a escola para Xaneiro, no canto dos de papel. Hurra polos meus rapaces e rapazas!!
Teño que felicitar o comportamento do alumnado nestas actividades pois foi formidable. É un gusto traballar con eles así!! Fantástico chicos/as!!
Podedes ver as fotos das actividades na seguinte ligazón: PATRULLA R – AS 3 R
Aquí tendes un vídeo moi interesante: O MAR EN PERIGO
Se observades calquera perigo no río ou na vila, no que se refire ao medio ambiente, non dubidedes en poñervos en contacto coa Asociación Arce a través da súa páxina de facebook: Asociación ARCE – Amigos dos ríos de Cedeira
As nosas cancións: Reducir, reciclar, reutilizar e Hiperdino
Andy e ElenaDom Feb 25, 2018 ás 21:12
Vaia día máis bo!!!
Volvimos a cantar a canción: Reducir, reutilizar, reeeeeeeeciclando……