02Xan
2018
0

SAÍDA AO CONCELLO DE CEDEIRA

Neste curso decidín facer unha serie de roteiros polo que o meu alumnado ten que pasar. Son sitios de gran valor na nosa vila e que coido de obrigado coñecemento.

Estes roteiros sempre irán acompañados do trazado da ruta nun plano. Escollemos google maps, pois ten moitas posibilidades  é moi práctico para as nenas e nenos, poden realizalos facilmente, colocar iconas polos lugares máis emblemáticos, escoller cores…

Nesta ocasión a saída é ao Concello, estamos traballando varios estándares relacionados co Concello, entre eles o seguinte: CSB3.2.1 – Explica e valora as funcións que desempeñan algún dos servizos do Concello, así que non hai mellor oportunidade para visitalo.

Na aula investigamos sobre o tema e realizamos un pequeno resumo do que extraemos as palabras máis importantes.  Suscita moito interese o mural da entrada ao Concello, así que comezamos a adentrarnos no tema e póñome en contacto con historiador Rafael Usero, para que ao final da visita nos conte a lenda de Sir Lancelot de Lago.

Para a saída elaboro un pequeno libro para englobar os conceptos máis importantes do tema e da visita.

A atención no Concello e con Rafael Usero foi espectacular, pero non o comportamento do alumnado. Decatámonos da importancia de escoitar e atender e dende aquí queremos pedir desculpas polo noso comportamento.  Sei que estes rapaces e rapazas son moi listos e que de todo se aprende, polo tanto estou segura que na vindeira saída as actitudes serán outras.

Podedes ver as fotos da saída clicando na ligazón: SAÍDA AO CONCELLO

Sen comentarios

Responder