09Xuñ
2017
0

AS PROFESIÓN DE ANTES E DE AGORA – DURAN, O PANADEIRO.

Quedábanos o colofón final para pechar o noso proxecto das profesións.

Quixemos descobrer algunhas profesións do noso pobo, das que perduran e o farán por moito tempo seguro.

Pero non só descobremos, tamén aprendemos a realizar unha enquisa, pensar que desexábamos saber de cada profesión, a filtrar todas as nosas ocorrencias e deixar as máis axeitadas, melloramos a nosa ortografía, a nosa linguaxe oral e escrita, a traballar en equipo e poñernos de acordo, memorizamos, aprendemos a “saber estar” (conducta, ser educados, saudar, despedir, agradecer…), a organizarnos, a decidir quendas, visitamos sitios marabillosos e tivemos a oportunidade de curiosear, de coñecer xente fabulosa, de valorar o noso e poñelo en valor.

Nesta última ocasión, o noso protagonista foi Durán, un panadeiro fabuloso!

Grazas, Durán, por deixarnos mergullar nun anaquiño do seu! As nosas máns traballaron a masa e sentiron o pracer de elaborar un dos productos indispensables na nosa dieta.

Agradecemos a colaboración da familia Durán, de Alex, Carmen e Quique que sempre están pendentes de axudar nas gravacións e montaxe.

Sen comentarios

Responder