AS MURALLAS DE CEDEIRA!
Agora sí culminamos o noso proxecto co que desexabamos, deixar pegada. Constancia para toda Cedeira, para os de dentro e os de fóra, para todo o que desexe coñecer, indagar e animarse a profundizar, no noso, o noso pasado, o que sempre estivo alí.
Recordade que isto comezou a finais do 2015 inicios do 2016, co noso proxecto ” Cedeira, o meu pobo”, pero a curiosidade tras un percorrido e charla con Rafael Usero, fixo que o interese das nenas e nenos derivara nunha investigación sobre as murallas. Recompilamos información, decoramos os pasillos, vivimos como naquela época. Pero tíñamos a clara determinación de transmitir, de facer que os demais souberan, que quedara constancia. Así que cada grupo cooperativo centrouse no estudo dunha porta, gravamos un vídeo coa información máis importante de cada unha e lle puxemos un código QR, redactamos un tríptico e recibimos a colaboración do Concello de Cedeira para a súa publicación e realización das placas que na hora ven a luz. Martín, Marcos, Cristina, Lucía Pernas, André, Hugo, Alex, Aloe, Héctor, Lara, Diego, David, Antonio, Nayla, Lucía Rodríguez, Fernando e Carol, hoxe fixeron historia.