28Abr
2017
0

AVANZAMOS “A CAPELADA É NOTICIA!”

Continuamos con numerosas actividades:

  • Traballamos a noticia de Rafa e a crepis novoana, tamén a das rochas e minerais de Fran Canosa.
  • En mates ABN, xa multiplicamos ata dende o 6 ata o 9 cos dedos, seguimos profundizando nos problemas, na súa comprensión, continuamos coas moedas e os billetes, iniciándonos no seu reparto, as súas respostas son incribles, como a vida mesma!
  • Continuamos coa lectura do libro “Charlotte en París”, que nos leva ao mundo da arte no século XIX, a través das vivencias de dúas nenas.
  • Nas linguas continuamos coa ortografía, as comprensións lectoras e a expresión escrita.
  • Seguimos traballando na obra de Chus Pereiro, memorización, dramatización, expresión oral, entradas, saídas…xesticulación…
  • En plástica continuamos con Herve Tullet e engadimos a Picasso (pois queremos profundizar no cubismo), de onde parten as súas creacións de máscaras para a Feira dos Libros.
  • En naturais e sociais profundizamos no estudo das plantas e dos minerais, consultando na bibliotecas, utilizando a información que traemos da casa, realizando actividades no ordenador, vendo vídeos, montamos un recuncho de minerais para identificalos, observalos… fixemos carteis para protexer a crepis…

Sen comentarios

Responder