04Mai
2019
0

CASTRO SARRIDAL – PROXECTO PATRIMONIO INMATERIAL

Os Vagalumes e o alumnado de 1º de Bacherelato de Antropoloxía continuamos co proxecto sobre o Patrimonio Inmaterial. Nesta ocasión, as rapazas e rapaces de 6º C, inician aventura e participan no proxecto. Como todo en Galicia, comeza falando de comida, así que a gran pregunta era…É que comían os castrexos? Despois de moito investigar, reflexionar e sacar conclusións, decidimos visitar o Castro Sarridal e resolver todas as dúbidas que aínda quedaran pendentes.

Estamos moi ledas e agradecidas pola participación brindada por María Xosé (Conselleira de Cultura, Licencia en Xeografía e Historia) por acompañarnos e brindar as primeiras documentacións, a Quique Vázquez por estar sempre activo e presente, a Emilio Ramil e ao seu equipo de arqueólogos e arqueólogas, que responderon as mil e unha preguntas dos pequenos e pequenas, ás familias por gozar e participar no traballo sacando ese neno/a que todos levamos dentro e en especial a Andy, que se encargou da parte técnica e fixo esta fermosa montaxe.

Sen comentarios

Responder