Kamishibai 1ª parte
Estes peques teñen unha memoría fantástica! Resulta que o ano pasado eu tiña un grupo de 2º curso e preparamos un conto. Decidimos facer un kamishibai con el. Pero non tíñamos a armazón de madeira para facelo… Así que grazas á plena colaboración dun papá carpinteiro hoxe o colexio conta con esa armazón. Que, por certo, quedou fermosa e nela usou a mellor madeira que tiña.
Ao que vou… Os meus vagalumes deste curso, recordaron que eles foron uns dos privilexiados en escoitar ese conto. Así que decidiron que eles tamén quería facer un. Como neste proxecto lemos e traballamos o conto “Unha manchea de bicos”, pois decidimos que era moi apropiado para contárllelo aos que hoxe teñen a idade que eles tiñan daquelas.
Aquí podedes ver algunhas das creacións. Agora na aula, estamos coa lectura do conto e agradezo ás familias a vosa colaboración tamén na casa, para que esa lectura sexa fluida e non produza cansancio en quen os escoitará. Ah! tamén aprenderon o truco, pois as páxinas coa lectura, nun kamishibai, non poden situarse como nun conto normal.
Podedes ver máis fotos na área privada.