21Feb
2016
0

PROXECTO CARTAS MOECHE

Este é un proxecto que levamos a cabo 1º e 2º, que desexamos que teña continuidade. Culminará este curso cunha saída na que se coñecerán. Escribimos cartas aos nenos do cole de Moeche e recibimos as súas respostas. Foi moi gratificante, é un xeito lúdico de traballar dende a lectoescritura ata o proceso de envío. Aproveitaremos tamén a traballar outros medios de comunicación, non soamente a carta. Eles están moi ilusionados, xa que poderán poñerlle cara a esa persoa,  da que polo de  agora, tan só coñecen o nome e os seus gustos.

Podedes ver a súa ledicia na área privada.

Sen comentarios

Responder