O xogo
O tempo de xogo é un dereito necesario, pois á vez que o neno xoga, crea cousas, inventa situacións e busca solucións a diferentes problemas que se lle expoñen a través dos xogos. O xogo favorece o desenvolvemento intelectual. O neno aprende a prestar atención no que está a facer, a memorizar, a razoar, etc. A través do xogo, o seu pensamento desenvólvese até lograr ser conceptual, lóxico e abstracto. E aínda máis, ao relacionarse con outros nen@s mediante o xogo, desenvólvese e perfecciónase a linguaxe.
Por todos estes motivos e moitos máis, na aula adicamos momentos ao xogo, escollemos os materiais lúdicos e didácticos e xogamos, unhas veces libremente, outras seguindo unhas reglas, … E sempre ao rematar, recollemos, ordeamos, organizamos.