RECUNCHOS FORMAIS DO VENRES!
Xa estamos a mediados do 1º trimestre e organizámonos moito mellor. Así que os venres decidimos traballar toda a mañá por recunchos! As veces, vamos calquera día se rematamos a tarefa. Pero o venres traballamos dun xeito máis formal e todos (así participan os que o resto da semana non teñen oportunidade). Temos cinco recunchos: Linguas, ABN, proxectos, arte e TIC.
En todos existe unha primeira parte manipulativa, para introducir a actividade e facela máis comprensible e logo hai unha parte práctica, unhas veces é unha ficha, outras unha manualidade… (salvo no recuncho de TIC). Neste último móvense nos xogos que a profe indica, pero escollendo os que eles queren. Utilizan un ordenador e unha tablet.
Aquí vos deixamos algunhas fotos do venres…