13Nov
2016
0

CONTOS DE OUTONO EN PALO!

Os nenos e as nenas teñen moito que contar, moitas historias por dicir… Queríamos realizar unha actividade motivadora na que poñer en práctica diversos contidos que vamos traballando e que teñen que saber aplicar:

  • Ampliación de vocabulario.
  • Mellora na estructuración (introdución, nudo e desenlace) dun texto literario.
  • Mellora na transmisión ( que teña sentido, que se entenda o que quere transmitir).
  • Traballo limpo, claro e ordenado.
  • Mellora na autonomía e na iniciativa.
  • Caligrafía clara.
  • Aplica regras ortográficas, repasa e evita riscos.
  • Amosa respecto ás achegas dos demáis.
  • Usa unha linguaxe respectuosa.
  • Decora con debuxos.

Eles demostraron a súa creatividade e gozamos todos dunha manchea de contos, uns cheiraban a cogomelos e outros metían medo, pero todos resultaron marabillosos!

Non dubidedes en escoitalos e deixade que conten, que transmitan, eles teñen moito que contar!

Iso sí, temos que seguir practicando a ortografía, porque saben as regras, pero moitos non as aplican.

Sen comentarios

Responder