28Xan
2017
1

RESTA EN ESCALERA ASCENDENTE. PROBLEMAS CON DINERO.

Este tipo de problemas, xa os levamos facendo moito tempo,  coas moedas na mesa, agora comezamos a pasalos ao papel e coller rapidez e destreza. Son situacións que podemos atoparnos en calquera momento na vida real.  Por exemplo: Na tenda de chuches gasto 37 céntimos, levo 1 €. Canto me devolven?

Moitos xa queren lanzarse e facer o cálculo mental do resultado, pero quero que sexan conscientes do tipo de moedas existentes, polo tanto esixo que engadan moedas cos valores reais (1, 2, 5, 10, 20 e 50 céntimos).

Este tipo de resta será usada en problemas nos que partindo dunha cantidade temos que chegar a unha maior tamén coñecida e determinar a diferencia. Exemplos:

  • Cando comezou o aniversario había 25 nenos e cando remataron eran 58.  Cantas persoas se engadiron ao cumple?
  • Na mesa de David hai 195 palillos e na de Alex hai 87. Cántos palillos ten que engadir Alex par ter os mesmos que David?

 

Comentario (1)

  • Web Hosting

    Aunque llevamos ya bastante tiempo realizando problemas con escalera ascendente, estos son los primeros problemas en papel . Aunque llevamos ya bastante tiempo realizando problemas con escalera ascendente, estos son los primeros problemas “en papel”.

    responder

Responder