Obradoiro de alimentos
Promovido polo Concello de Cedeira, o alumnado de 1º de Educación Primaria, gozou dun obradoiro sobre a alimentación. Pasámolo xenial e o mellor, todo o que aprendemos, dende a relación entre as cores das froitas e as súas vitaminas, pasando polas bacterias (boas ou malas) que podemos consumir ou evitar, ata unha revisión dos coñecementos adquiridos co xogo do pasapalabra. Esperamos repetir!
Máis fotos na área privada.