PROXECTO HERVÉ TULLET
No primeiro trimestre comezamos a coñecer a Herve Tullet, o pintor-escritor que traballaremos neste curso. Está dando moito xogo, pois permite que con máis ou menos habilidade todos sexamos bos artístas. As liñas e as formas son as bases para un bo traballo. O uso de múltiples materiais na súas obras favorece a creatividade que todos levamos dentro e que florecerá no inicio do segundo trimestre.
Podedes explorar as seguintes ligazóns e ver as fotos das primeiras creacións da aula.
Colores é o nome do primeiro libro que nos inspirou. Quen será o pai do verde, do violeta e do laranxa?
Jugamos foi o segundo, nesta ocasión o movemento permitíunos incorporar as canicas ao debuxo.
Hervé Tullet é un autor francés de libros infantís que están cheos de maxia. Caracterízanse por ser libros interactivos onde convida a xogar coas ilustracións e a ver o libro dende un punto de vista moi diferente ao habitual.