VENRES DE RECUNCHOS!
Primeiro tiveron que dividir, somos 19 cantos podemos ir para cada grupo, se facemos tres? Primeiro houbo algún erro, pero axiña chegaron ao resultado correcto: 6, 6 e 7. Así que mans á obra, colocamos os recunchos e nas tres sesións que dispoñíamos (unha case foi entre deliberacións, cálculos e colocación, pero isto é descorrer, tamén moi necesario) fomos pasando por eles: matemáticas: operacións, conteo, formación de decenas e centenas, descomposicións… ; lengua: sílabas tónicas, familias de palabras e colectivos e por último o proxecto do corpo, coa consulta médica.
Andy e ElenaDom Feb 25, 2018 ás 21:01
Gustounos moito ver o vídeo. Facendo decenas e unha centena.
Así que algunhas fotos tirounas ndrés, bo traballo!!!!.
Gustounos tamén ver a uns axudando a outros.