06Mar
2016
0

CONTO UN CONTO – 3 ANOS

Como xa comentei en moitas ocasións, non hai mellor motivo para ler, que o de que alguén che escoite. E os nenos e nenas de 3 anos, son uns maravillosos oíntes. Así que en grupos cooperativos preparamos o conto: Este albúm se ha comido a mi perro”. Aínda quedan dous grupos que continúan preparando o conto para expoñelo, pois non tódolos grupos o inician ao mesmo tempo. Cada día o inicia un grupo, mentres o resto do alumnado fai unha sesión de lingua castelá. A mestre Rebeca, tamén está axudando e apoia neste proxecto se o necesitamos. O máis importante é ver o proceso, como cada grupo vai decidindo, consensuando que poden facer, como reparten o traballo. O resto é escoitalos nos ensaios e darlles pequenas indicacións para mellorar a exposición oral. É importante que perdan medos e vergoñas á hora de falar en público, a pouco o estamos facendo.

Podedes ver algunhas fotos na área privada.

Sen comentarios

Responder