06Feb
2016
0

Proxecto A miña familia. A miña historia.

Xa temos rematado o proxecto máis entrañable que fixemos ata o momento. É difícil explicar con palabras a morea de sentimentos ,que este traballo despertou, palabras, miradas, apertas … É un gran amor e respecto polas persoas que lles deron a vida e que os acompañan en todo momento, polos avós (dúas veces papás e mamás), tíos, tías, madriñas, padriños, curmáns… todos estiveron presentes nas súas verbas.

Foi un proxecto traballoso, pois enfrentáronse ao forrado dunha caixa, xamáis fixeran tal. Usamos a internet para ver unhas instruccións sinxelas e aprendimos a seguilas, paso por paso. Logo cada un amosou as súas destrezas coas tesoiras, marcando, pegando… Logo veu a decoración…

Foron para a casa cunha nota e viñeron cheas de obxectos entrañables, de historías, de vida… Que cada quen na súa medida, foi capaz de transmitila. Pouco a pouco a fomos enchendo de historia, da de cada un: unha liña do tempo, as ventás da miña familia, matemáticas sobre mín, ingredientes para unha familia feliz… E falamos e contamos, pois diso se trata de transmitir, aprender a facelo cada vez mellor.

En breves teredes as caixas na casa, recordade coidalas para a exposición de final de curso. Podedes ver máis fotos na área privada.

Sen comentarios

Responder