11Nov
2015
0

Traballando con ABN.

Chegamos a clase e entre risas e saúdos colocamos as mochilas e as chaquetas nos percheiros. Antonio, o encargado da pizarra, pon a data. Os encargados de material: Martín, David, Nayla e Cristina colocan os palillos nas mesas dos seus compañeiros. Cada grupo vai colocando os casilleiros que quedaron enriba das mesas, para que o persoal de limpeza faga o seu traballo sen tropezar con eles (durante a mañá están no chan, ao lado das mesas) e revisan se faltan lápices, gomas… por se o encargado ten que repoñer.

Estamos listos, vamos a contar, unhas veces de un en un, para adiante, para atrás… outras de dous en dous (como estamos aprendendo,  o facemos un forte e outro frouxo) para ir acostumándonos… descompoñemos números na pizarra, uns días usamos o día do mes, outros un que por algo resultou interesante, como vedes que ocorreu co 37.  O máis importante é facer fincapé na madexa, na decena, así buscamos que entendan dunha forma práctica, visual e manipulativa a posición da grafía da decena.

Necesitamos que coñezan a taboa do cen e saiban andar por ela, por iso a insistencia en que conten de 10 en 10, cara adiante e cara atrás… Unhas veces partimos doutro número calquera, por exemplo: 12, e vamos sumando 10 (sempre oralmente), 22, 32, 42… Sempre coa taboa e os palillos diante, segúndo o nivel,  uns se apoiarán nela e outros non,… o importante é que todos cheguen ao resultado, non importa a axuda que usen nese proceso. Por iso é importante que cando o practiquedes na casa, teñan a man un metro de costura, se eles o necesitan. E non estaría de máis un taper con palillos.

Podedes ver máis fotos sobre este tema na área privada.

 

Sen comentarios

Responder