14Feb
2018
3

Interactivos de xogos Xaneiro

Os interactivos continúan funcionando moi ben, gracias á colaboración de tódolos voluntarios e voluntarias e ao bo facer das nenas e nenos.

Como cada fin de mes, coincidindo co día da paz, celebramos o interactivo de xogos. Un tempo de gozar, pero tamén de chegar a acordos e aprender a respectar as reglas dos xogos. Pasámolo xenial e coido, que nesta ocasión,  souberon chegar ao consenso máis razoadamente que na sesión anterior.

Moitas gracias a todos e todas por pasar ese tempo con nós, estade certo que gañamos, sempre gañamos nestas xuntanzas. Quizais non se vexa dun día para outro, pero a semente medra neles. Estas horas invertidas quedarán nos seus corazóns e no seu facer.

Podedes ver as fotos clicando na ligazón: Interactivos de xogos Xaneiro

Comentarios (3)

  • Andy

    Que ben o pasan!!!!!!!!!!
    Fantástico!!!!!!

    responder
  • Belén e Unai

    Sodes un equipazo!!!

    responder
    • Dulce

      Moitas gracias! Son uns rapaces e rapazas espectaculares!!

      responder

Responder