14Feb
2016
0

Lectoescritura

Aprendemos a través de tódolos sentidos, necesitamos ver, ulir, tocar, probar, sentir, escoitar… para ter cada vez máis información sobre iso que presenta un interese para nós. Por iso procuro facer diversas e múltiples actividades. Neste curso fan un cambio, da maíuscula á letra minúscula; é imprescindible que primeiro as relacionen, coñezan os seus sons e que percorran o seu trazo, que o sintan.

Logo virá a construcción de palabras, en moitas ocasións errarán, non é así como aprendemos? Eu son guía, pregunto, reflexionan, presto axuda cando é necesario e procuro que vaían descubrindo por si mesmo este mundo máxico. Aínda teremos erros, b e v (dende logo aínda non entendo eu, porque complicar tanto un idioma. As iremos gardando na nosa memoría para non equivocarnos), c/z (estamos niso, con e/i poñemos c), g/j …. E outras tantas que seguiremos practicando. Están moi motivados, pois están descubrindo un mundo novo, a lectura, agora teñen ao seu alcance innumerable información, só teñen que ser capaces de traducir ese código, esas letras xuntas… e aquí voilá, maxia… un mundo aos nosos pés.

As frases, unhas veces con sentido e outras non tanto. Son as súas primeiras creacións literarias, deixemos que traduzan os seus pensamentos, os seus sentimentos….

E a estas alturas xa iniciamos a gramática Montessori, pero diso xa falaremos noutra entrada.

Podedes ver todas as fotos na área privada.

Sen comentarios

Responder