O caderno
Dende o inicio do curso tomei a determinación de que o caderno tería un papel importante dentro das nosas tarefas. Creo que é un instrumento que permite ver os avances dos nenos e nenas dende o inicio e apreciar claramente, cun vistazo rápido, como evoluciona en tódalas áreas. Ademais apoia outro tipo de traballos (fichas, material manipulable…) perfeccionando o trazo e o espazo no que poden moverse.
Escollín estes cadernos polo aporte visual, o tren marca o inicio da frase, e permite tanto usalo en cuadrícula como en pauta. Na primeira páxina pegaron a folla coas instrucción de uso do caderno e unha táboa de control, para que vexan que cousas deben mellorar e progresen máis na seguinte revisión.
Podedes ver mais fotos na área privada, son do inicio do curso e como xa vistes (levaron as libretas á casa) que escriben moito mellor despois de dous meses.