ABN FAMILIAS!
Para as familias que non puideron acudir aos obradoiros e para as que acudiron e desexan refrescar, recordar algunhas cousas das que falamos….
DESCOMPOSICIÓN:
O curso pasado descompoñemos números de 2 cifras e neste o facemos de 3.

O procedemento é algo máis complicado que o ano pasado que non tíñamos centenas, pero faise igual. Agora podemos cambiar CENTENAS por DECENAS, CENTENAS por UNIDADES, DECENAS por UNIDADES, CENTENAS por DECENAS e UNIDADES, UNIDADES por DECENAS,… as posibilidades son innumerables.
Comezarán cambiando unha sóa cantidade que lles sexa doado de transformar, pero logo collerán soltura e poderán realizar ata 45 combinacións diferentes!! Aínda que con 4 ou 5 nos conformamos.
SUMAS:
Colgo a presentación que vimos na aula. É un libreoffice impress.
Tamén podedes ver estes dous videos que vos axudarán a entender mellor a operación.
https://www.youtube.com/watch?v=ja6YEjNCpEM&feature=youtu.be
http://sosprofes.es/curso-de-abn-para-padres-del-maestro-pedro-ii/
Foto: Luga Estacio