21Feb
2016
0

NOVOS OBRADOIROS E NOVO MATERIAL

Estou convencida de que unhas das formas de aprender é manipulando. Cada individuo é un mundo, uns aprendemos mellor ollando, outros escoitando, outros tocando, outros probando… Por iso é moi importante que a información entre por tódalas canles, para que cada un, se beneficie da que ten máis desenrolada. Por iso, adico moito tempo a elaborar material, para que aprendan xogando, observando, tocando…

Temos que ser conscientes do estado no que eles están, estes dous anos, piden mobilidade, quizais non tanta coma na infantil, pero si necesitan actividades curtas, cambiantes, segundo pasan o meses conseguen máis capacidade de concentración, aguantan máis tempo sentados e chega esa calma, propia do vindeiro estadio (cara os 7 anos). Están nunha etapa na que se interesan polo mundo dos animais, das plantas, o espazo (continentes, universo…). Fan moitas preguntas, están interesados por aprender, son moi curiosos. Hai que aproveitar os períodos sensibles, nos que eles poden aprender unha habilidade con moita facilidade, para preparar o espazo e presentala. E zas! maxia, aprendemos case inconscientemente.

Podedes ver máis fotos na área privada.

Sen comentarios

Responder