07Mai
2016
0

ABN E AS SUMAS EN REJILLA

Continuamos traballando as mates con ABN, facemos moreas de cousas, o máis importante é a seriación e controlar a táboa. Agora acabamos de rematar as sumas en rejilla, aínda hai algúns que nos custa e a mestra nos ten que guiar.

O gran problema lles xurde, porque non entenden a necesidade de facer algo que eles xa saben realizar, co cálculo mental. Polo que agora, no que a maioría do grupo é capaz de realizalas en rejilla, consinto en que o que o desexe realice as operacións co cálculo mental, explicándome o proceso, cando eu o considero necesario (teño que asegurarme de que o entende e non é a casualidade o oído fino o que lle fixo acertar).

Agora comezamos a realizar cálculos máis complexos con problemas, é por sorprendente que pareza, para eles resulta un xogo. Na vindeira semana comezaremos coa resta con rejilla, pero agora xa teñen moito adiantado, así que estou segura que non será como nos comezos da suma.

Fotos na área privada.

Sen comentarios

Responder