04Nov
2017
0

MATEMÁTICAS ABN

En breves fará dez anos que Jaime Martínez Montero (mestre e inspector, hoxe xubilado) inventou un método para que a aprendizaxe das matemáticas fora máis sinxelo e chegara a todos sen frustración. A esencia do método reside en que cada alumn@ pode ir ao seu paso. Coido que isto é básico, o noso mundo é diverso e o noso alumnado tamén o é.

O que máis valoro son as ferramentas que ofrece, xa que dan seguridade ao nen@ e o axudan a chegar ao seu obxectivo. É moi manipulativo, algo que a estas idades é importante. Aínda, que pouco a pouco prescindirán de eses apoios, pero é necesario telos ao seu alcance para cando os precisen. As matemáticas, así entendidas, teñen unha razón de ser, é raro facer unha operación sen que eles presenten un problema detrás, en ocasións por oral. O proceso para chegar aos resultados sempre é explicado polo alumnado, o que fai que teña que entender o que fixo para poder explicalo.

Neste trimestre comezamos a traballar coa táboa do 100 e continuaremos coa do 1000 e as operacións en rejilla. Todo cos apoios que cada un necesite e adaptándonos a cada un, o importante é chegar, cada un do seu xeito, entendendo o que fan.

Vagalumes!!! Deixo unha ligazón para que entredes a practicar, ten xogos moi divertidos e cada un deles trae un vídeo explicativo feito por nen@s.

Por certo, aquí temos aos nosos Vagalumes o día que Jaime veu visitar o cole e estivo na nosa aula!! Todo un privilexio!!

El rincón de Luca. Clica!!

 

Sen comentarios

Responder