Aniversario Lara
Primeiro aniversario na aula. Sexto aniversario de Lara! Fixemos unha festa Montessori. Todo un ritual para inicialos na comprensión do paso do tempo, os conceptos de meses, días, as estacións, así como o movementro da terra sobre sí mesma, e ao redor do sol. Pequenos conceptos para que observen como medraron e canto cambiaron dende que naceron.
Para facer todo isto elaboramos materiais durante esa semana, que quedarán na aula para todos os aniversarios vindeiros. Ademáis solicitei que as familias cubrírades unha enquisa persoal do neno/a, para ter datas máis específicas de cando ocorreron acontecementos importantes para eles. E que trouxérades unhas fotos de diferentes momentos da nena/o dende o nacemento.
O resultado foi tan espectacular, tan máxico, … silencio absoluto, música relaxante de fondo e a historía de Lara, a historia da súa vida… Eles espectantes pois nunca así fora contada…
Quedamos con ganas de moito máis, estamos contando os días do aniversario de David e Cristina!