04Xan
2019
0

TERTULIAS DIALÓXICAS

A Tertulia Literaria Dialóxica é unha medida de éxito que, mediante o diálogo igualitario, permite aos participantes o intercambio de ideas, o gusto pola lectura, a expresión de sentimentos e o fomento do espíritu crítico, ademáis favorece o incremento do nivel de competencia lingüística, acelera o aprendizaxe instrumental e mellora a convivencia ao promover transformacións persoais, culturais e sociais” (Flecha, García y Gómez, 2013, p.4).

O fundamental das tertulias literarias dialóxicas é que é un método que motiva ao alumnado, e polo tanto, aumenta o seu interese e gusto pola lectura.

Para levar a cabo estas tertulias seguimos estes pasos:

1.- Eliximos entre todos un libro de literatura clásica universal. Cada persoa pode propoñer una obra e explicar por que lle gustaría lela.

2.- Decidimos cantos capítulos o páxinas imos ler para a próxima xuntanza.

3.- As lemos e sinalamos o parágrafo que máis nos agradou ou chamou a nosa atención.

4.- As persoas del grupo teñen que pedir a quenda de palabra para comentar o seu parágrafo.

5.- A persoa moderadora da a quenda de palabra a unha persoa, esta le en voz alta o parágrafo e explica por que o escolleu.

6.- O moderador/a abre unha quenda de palabras para que os demais den a súa opinión acerca do escoitado.

7.- Cando rematan as opinións dos compañeiros/as, ábrese outra quenda de palabra para que outra persoa lea o seu parágrafo, e así ata participar todos e todas.

Os beneficios son moitos:

– Consegue que as persoas que non teñen hábitos de lectura agora lean obras de Literatura Clásica Universal e manteñan un debate sobre esta.

– Conseguimos participar de maneira activa na construción do coñecemento e aprendemos valores como a convivencia, respecto, solidariedade, empatía… Gracias ao diálogo igualitario aumentamos a construción do noso aprendizaxe, coa axuda das compañeiras/os e voluntarios/as que teñen outras ideas, experiencias….

– Ampliamos o vocabulario, melloramos a comprensión lectora, a lectura, expresámonos mellor en público…

– Adquirimos unha visión máis ampla e rica do mundo a través dos clásicos.

Sen comentarios

Responder