27Mar
2016
0

Pares impares

Cara finais do 2º trimestre comezamos a decorar unhas casiñas e rúas, aínda non tiñan moi claro cal era o obxectivo, pero despois dun par de pistas, o viron ben claro. Pares e impares! O fixemos coa aprendizaxe cooperativa, en equipos, cada equipo tiña un grupo de números: seriaban, clasificaban, numeraban e logo de ter todo montadiño e decorado, comezamos a xogar. Fixemos sumas e restas, cada un ao seu nivel. Todas as actividades as fixemos coas dinámicas de lápices ao centro e co folio xiratorio.

Pero como cada un é especial, pois tiñan que ter o seu vehículo especial, así que a deseñar e deixar voar a imaxinación. O xogo quedou na clase, porque seguiremos xogando con el, no vindeiro trimestre.

Sen comentarios

Responder