22Mai
2016
0

PABLO E A MÁQUINA DE SUMAR

Un día de tantos, cheguei á casa e na cea conversamos, coma sempre, cada un conta o seu día… Eu conteilles o leda que estou coa rapidez mental destas 15 personiñas que aledan as miñas mañás. E, de repente, ao meu home acendéuselle esa bombilla que sempre está latente (é moitas cousas, pero entre outras inventor), dixo que nos ía sorprender e o fixo.

Fabricou unha máquina de sumar cunha caixa de toalliñas de bebé. Propón sumas ata 100 e corrixe, se a fas mal, che avisa e voltas repetila e se das “no clavo”, dache un bravo!

O outro día presentouse na clase e explicounos a montaxe e funcionamento. Agora temos outro xogo para mellorar o noso cálculo mental. Eles están contentísimos e eu moi orgullosa.

Grazas Pablo!

Podedes ver máis fotos na área privada.

Sen comentarios

Responder