11Nov
2015
0

E chegou o outono…

Pois si, aínda que hai días que non o parece, aquí está! E para recordalo fixemos un mapa conceptual para axudarnos a organizar as ideas. Foi moi gracioso, pois cando lles contei o que íamos facer, non vían o mapa por ningures…! Claro foi o seu primeiro mapa conceptual e non será o último.

Tamén observamos follas de carballos e castiñeiros e os seus ourizos coas castañas dentro. Lemos contos, adiviñas, poesías… que trouxeron da casa e formaron parte das nosas lecturas diarias.

As estación son un concepto de tempo, que lles axudan a situarse e organizar o ano. Pouco a pouco o iremos desglosandoo máis.

Podedes ver máis fotos na área privada.

Sen comentarios

Responder