11Nov
2015
0

Teño un nome especial. Son especial.

Este proxecto está chegando ao seu fin… Neste proceso aprendemos un montón de cousas novas e asimilamos mellor outras que xa coñeciamos. Axudounos a coñecernos máis,  os uns aos outros, a facernos máis amigos, compartir o que sabemos e a aprender a aprender: xogando, escoitando, ollando, lendo, tocando…. 

Dentro de nós levamos unha chea de experiencias que fixemos na aula,  así que montamos un lapbook para organizar unha parte de todo iso que fixemos, para compartilo, ollalo, tocalo… sempre que desexemos. En breves o levarán para a casa para velo en familia. Será algo que deben conservar en bo estado, pois formará parte dunha exposición a final de curso, polo tanto se está estropeado non poderemos expoñelo.

Recordade que se queredes ver máis fotos do proxecto podedes acceder á área privada marcando o código.

 

Sen comentarios

Responder