ANIVERSARIOS ALEX, FER E HUGO!
Felicidades chicos! Xa sabedes que cada un de vos é especial, cada un diferente único, coas vosas risas, apertas, palabras fermosas e non tanto… comezades unha etapa nova. Deixastes atrás esa docilidade e agora poñedes en cuestión todo o que dicimos os maiores, iso é parte do voso cambio, é o arte de medrar. Algo bo, comezades a ser críticos, discutides esixencias… pero xamais deixedes de escoitar. Facéndoo así, seredes capaces de escoitar á vosa cabeza e ao voso corazón. Pois eles serán os que vos guien. Felices oito anos!!