06Mar
2016
0

Cadeira dos Abrazos

Quen non ten problemas, de cando en vez? En moitas ocasións contestamos impulsivamente, ferindo os sentimentos dun compañeiro/a, ou levantamos a man con moita lixeireza…. Para resolver pequenos conflictos temos a cadeira dos abrazos. Nela un neno/a senta e o outro tenta explicar o que ocorreu e logo invirten os papeis. O realizan simplemente coa miña supervisión, procuro non intervir, e que o resolvan sós.

Xa están en idade de inicialos na resolución deste tipo de conflictos, evidentemente usando a palabra, a conversa para resolver pequenos problemas.

Evidentemente para conflictos máis graves necesitan da intervención dun adulto.

Podedes ver unhas fotos fermosas na área privada.

Sen comentarios

Responder